5/12/14

BRINCALETRAS 1

Hoxe enviamos ás casas o primeiro Brincaletras, que nace con moita ilusión e con ánimo de que vos divirtades en familia empregando a lingua galega. E xa sabedes, os mellores Brincaletras serán premiados cunhas medallas estupendas!

Que o desfrutedes!!!



HISTORIA DA BICICLETA DUN HOME LAGARTO

A semana pasada, Fina Casalderrey presentou o seu novo libro "Historia da bicicleta dun home lagarto". E nós tivemos a sorte de participar nesta presentación da man de Teo de 3º A e Lucía de 4º C, que o fixeron estupendamente!

Noraboa!

PRESUME DE GALEGO

Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30, de feito case ningún chegamos aos 18! 
Se entras aquí podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!
Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso galego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa!
Por iso queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ata o Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo...
Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar xuntar a túa voz coa nosa!
Entra e escoita! E se che gusta... comparte e participa!



OLLOS DE AULA Nº 18

Aquí tendes o Ollos de aula do mes de decembro! Neste número poderás ver: como é o primeiro ano de escola para os nenos e as nenas de Educación Infantil, como educar aos homes para o século XXI e varios aspectos sobre o Regulamento de Réxime Interno, entre outras cousas. Preme na imaxe.

 

4/12/14

CONTOS DE MEDO

Que contos tan terroríficos, arrepiantes... contaron tanto mamás como papás, tíos, avoas... 
Hai que darlles as grazas pola súa participación nesta actividade programada para celebrar o Samaín. Ademais fixérono moi ben!!

 

2/12/14

MURAL "O NOSO MAGOSTO" DE 4º

PREMIO ONDAS PARA PONTE NAS ONDAS


CONCURSO MELODÍA DA IGUALDADE

Outro ano máis, e coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, o noso colexio participou no concurso "Melodía da Igualdade", organizado polo Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños. Nesta edición, os traballos centráronse no Dereito á Igualdade.

De entre todos os premiados, tivemos dous gañadores do noso centro: 

Pola categoría de 1º e 2º, Paula Azcueta Vidal, con este debuxo.


E na categoría de 3º e 4º, André Pazo Domínguez, co relato "Un día para pensar". 



Noraboa aos dous!!!

Estamos moi orgullosos!