27/6/16

CHORIMAS 2016

A Chorimas nº 10 xa está nas vosas casas!!!

Este ano ten unha portada dedicada a Manuel María e á súa obra, Os Soños na Gaiola. É unha composición feita con todas as portas das aulas do cole, que ilustran cada unha das poesías que integran a obra. Vinde a velas, están preciosas!

E xa no interior... non vos perdades a entrevista a Crocauga, o artigo da excursión de 6º, toda a información de Pontenciencia, o Salón do Libro... e moito máis!!!! 



PONTENCIENCIA 2016

Como xa sabedes, os alumnos e alumnas de 6º participaron no Pontenciencia 2016 con dous experimentos sobre o azucre nos refrescos e a cor nas das bebidas. Levaron 1º accéssit. 



Podedes ver os resultados das súas investigacións na revista Chorimas 2016.

Tamén gañaron o 2º e o 3º premio as familias Rivas Otero e García González, respectivamente.




Moitos parabéns!


26/6/16

CONTACONTOS DO TROTACONTOS

Os nenos e as nenas de 1º tiveron a sorte de asistir a un contacontos do seu propio conto "Legumízate", o conto viaxeiro no cal participáramos xunto con outros centros de Pontevedra: Parada-Campañó, Campolongo, San Benito de Lérez e Verducido.

E non só escoitamos o conto, senón que tamén fixemos un obradoiro de debuxo cun ilustrador! 

E cada un levou o seu conto para a casa! Estes nenos e nenas de 1º son moi bos escritores.

BICHODIVERSIDADE

Aquí está o noso traballo do Salón do Libro, xa lucindo no noso cole. 

Xa sabedes que fomos o centro gañador do Premio do Público, non si? Ollade aquí se non o credes...



Parabéns aos nenos e ás nenas de 2º, 4º e 6º, aos seus profes e ao Equipo de Biblioteca.







ARTE EN 1º, 2º e 3º ANA LEGIDO

Os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º imitaron diferentes obras da pintora galega Ana Legido.

Aquí tedes o resultado!













DÁLLE Á LINGUA EN ONDA CERO

Xa están subidos os nosos audios na web de Onda Cero!!!!

Neles poderedes escoitar varias menciñas da nosa Botica das Palabras, lendas sobre as Pontes de Pontevedra, unha entrevista a Crocauga, informacións moi interesantes sobre os legumes e rimas moi divertidas cos bechos da horta. 

Premede na imaxe para escoitar!