29/1/15

O MUMO CHEGA AO MARCOS DA PORTELA!!!

Quedan poucas horas, pero xa estamos moi nerviosos esperando que cheguen as nove da mañá para ver o despregue deste fantástico camión!

Trátase dun museo itinerante que naceu en Francia, e que xa visitou moitos países: Camerún, Costa de Marfil, Bélxica, Mónaco e Suíza. 

Chegou a España o pasado mes de setembro, pasando por Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo. 

E a súa última parada nesta etapa é en Pontevedra, e nin mais nin menos que no noso cole!!!!!






26/1/15

WEBQUEST: A PAZ


ACTIVIDADE LIM: PAZ

APERTAS QUE VOAN

E ti, xa aprendeches a canción para o Día da Paz?

Volve a escoitala aquí.

MALALA YOUSAFZAI


Malala Yousafzai só tiña 12 anos cando os talibáns ocuparon o val do Swat, en Paquistán. Eles impedían que as nenas asisitisen á escola, pero Malala seguiu acudindo e denunciando a través do seu blog o importante que era a educación para o desenvolvemento dun país, o que case lle custa a vida.
Gañadora do Premio Nobel da Paz, converteuse nun símbolo internacional de protesta pacífica e de loita pola dereito á educación.

O ENDL elaborou este Glogster con recursos recompilados na rede para traballar sobre Malala. Agardamos vos sirvan de utilidade.