Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!
6/2/23
CHARLA DO ALUMNADO DE 2º CO SOCIÓLOGO ERICK PESCADOR
PAZ 2023
Agora coñecemos como desexamos que sexa o noso mundo, os nosos soños... Ao igual que Martín Luther King, verbalizamos e describimos o mundo de igualdade, respecto e harmonía co cal soñamos.
Podedes ver a foto do mural que fixemos con eses soños.
Ademais, Rafa e Alicia, coa colaboración doutros mestres, prepararon dúas fermosas actuacións coas que puidemos reflexionar de maneira moi acertada: A Tartaruga que quería durmir (vídeo con dobraxe) e Unha Abella de máis (teatro de sombras)!Fotos de A tartaruga que quería durmir
Aquí tendes o vídeo-conto de "A abella de máis".
5/2/23
OS MARTES CONTAN CON ARTE. A pomba de Pablo
Este pasado martes tivemos a sorte de poder gozar do contacontos ilustrado "A pomba de Pablo", da man de Polo Correo do Vento. Pasamos un momento marabilloso e cheo de risas.
Animámosvos a seguir asistindo a estes encontros tan especiais.