2/6/17

ROTEIRO CASTELAO

Para coñecer a figura do noso gran escritor e pintor Alfonso  Daniel Rodríguez Castelao, o alumnado de 5º fixo un entretido roteiro polas rúas e prazas de Pontevedra. Deste xeito coñeceron os lugares que frecuentaba e moitas cousas máis!


PRESENTACIÓN ANUAL DA MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA

Fotos da presentación de Traslí.


O NOSO MAIO

Un ano máis o noso "cole" veu cargado de premios, grazas ao esforzo de todos/as.
Aquí tendes as fotos que demostran ese traballo en colaboración de toda a comunidade educativa.  Parabéns a todos e todas!!!

PRIMAVERA DAS LETRAS

Dende o EDL, Dolores, a coordinadora, plantexou esta fermosa actividade: Facer xermolar o galego nun bosque moi particular, a fraga do Marcos da Portela! O alumnado escribiu poemas orixinais e de autores galegos nas follas, flores, bolboretas... Como aleda a nosa entrada, non podemos deixar que murche!!
Seguimos en primavera, aínda que o verán está a piques de chegar. Pero o que realmente desexamos é que sexa sempre primavera na nosa LINGUA!! A profe Isa fixo unha fermosa actividade para que sexa así, unha primavera permanente, eterna...na nosa lingua.


PREME PARA VER AS  FOTOS

Preme aquí para ver o poema "Cos pelos de punta"