13/3/24

UN DOMINGO NO TROCALIBROS

O pasado domingo tivemos a ocasión de participar unha vez máis no Trocalibros, unha fantástica xuntanza onde puidemos darlle unha segunda vida a eses libros que xa non usamos e darlle a benvida a outros cos que vivir novas aventuras. Grazas a todos e todas por participar!





12/3/24

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 Co gallo do Día Internacional da Muller, o profe Rafa organizou unha representación que acaía, perfectamente, para sermos conscientes da diferenza, que aínda existe hoxe en día, entre o reparto das tarefas da casa. Ben é certo que en moitos casos os papás e os nenos tamén traballan conxuntamente coas mamás e nenas, pero hai que chegar ao 100%!!


O título da obra de teatro é ben representativo: "A familia dos porcóns".