3/4/17

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, e sabes por que se escolleu esa data? Pois porque tal día como ese do ano 1805 naceu un gran escritor de contos infantís chamado HANS CHRISTIAN ANDERSEN, en Dinamarca, ao norte de Europa. Seguro que tes lido moitos dos seus contos sen saber que el era o autor, por exemplo: O patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador...

Queres volver ler eses e outros moitos contos máis escritos por el? Preme na foto.



http://ciudadseva.com/autor/hans-christian-andersen/cuentos/


Hoxe, no cole, celebrámolo con interesantes lecturas deste autor, como por exemplo: "O reiseñor", "O traxe novo do rei" e  "A princesa e o chícharo".




Se queredes ler de novo o conto "O traxe novo do rei", podedes facelo no seguinte vídeo:

DÍA DO AUTISMO

O venres tivemos presente a todos/as os que teñen este síndrome, puxémonos un corazón azul cheo de fermosas palabras dedicadas a estas persoas e vestímonos tamén de azul. Ademais puidemos ver esta presentación coa música de fondo de Macaco.






  Aquí tendes un fermoso vídeo que vos fará pensar!