6/3/14

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



  • O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. En todo o mundo, hai e houbo unha morea de mulleres que foron moi importantes para a cultura, política, ciencia... dos seus respectivos países. E, como non, en Galicia tamén temos moitísimas mulleres loitadoras, emprendedoras... Queres coñecelas? Se premes na imaxe poderás comezar a  PROCURA DO TESOURO DAS MULLERES GALEGAS ILUSTRES.



 CAZA DO TESOURO

  • Pronto empezaremos cunha fermosa actividade de arte pictórica, na que veremos o traballo que desenvolveu a muller, na nosa sociedade,  a través de interesantes cadros, moitos deles pintados por mulleres. Pintaremos e analizaremos estes cadros facendo tamén arte coa nosa lingua. Xa veredes que interesesante!! As profes xa están buscando os cadros cos que imos traballar, comezaremos nun intre!!
Se queres empezar a ler algo sobre este tema preme na imaxe.

 mulleres na arte

  • RECURSOS
  1. MULLERES NAS LETRAS Ligazón moi interesante sobre as mulleres máis importantes da nosa literatura. Cultura Galega.org
  2. MULLERES E CIENCIA EN GALICIA  Cultura Galega.org
  3. MULLERES E MAR   Cultura Galega.or
  4. MULLERES GALEGAS (Galicia espallada)
  5. Se queres ler sobre outras mulleres científicas, como Hipatía de Alexandría ( que naceu no ano 370) ou Marie Curie, preme nas súas fotos.

 Curie Hipatia


  •  E TI, QUE QUERES SER? COÑECES ESTE CONTO?
Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?


Carlota era unha princesa rosa, pero estaba farta de ser princesa e estaba farta do rosa.
Ela quería percorrer mundo e correr aventuras, quería cazar dragóns, buscar tesouros e adestrar bolboretas. Pero a súa nai era unha princesa rosa, e opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas; o seu pai, que era un príncipe azul, tamén opinaba que as princesas tiñan que ser rosas e delicadas como as rosas.
Carlota argumentaba que ela non era unha rosa, que era unha nena moi triste coa súa vida rosa. Ao ver á súa filla deste modo, a nai e o pai decidiron preguntarlles as fadas se Carlota tiña que ser como as rosas ou como as nenas.
A fada madriña máis vella e máis sabia dixo que as nenas non eran flores, senón que podían ser o que quixeran ser.
Carlota abandonou os seus vestidos rosas e púxose a cantar, bailar e viaxar.
Mentres o facía, preguntábase: "Por que todas as nenas queren ser princesas rosas?"


AGORA XA PODEDES ESCRIBIR VERSIÓNS DIFERENTES DOS CONTOS DE SEMPRE, NELES NON TEN QUE HABER UN PRÍNCIPE QUE SALVE Á PRINCESA!! SEGURO QUE A PRINCESE SABE COMO FACELO!!

  •  Aquí tendes un vídeo sobre o conto titulado "O Libro dos Porcos" , seguro que na vosa familia colaborades todos/as, verdade? 


  




  • Outros libros que non hai que deixar de ler:


 Arturo e Clementina son dúas fermosas tartarugas namoradas que viven á beira dun estanque. Mentres Arturo pasa o día pescando, Clementina abúrrese tremendamente. Para que se distraia, Arturo tráelle moitas cousas: un tocadiscos, un cadro, unha enciclopedia..., pero a Clementina o que de verdade lle interesa é ver mundo.







  No libro titulado "O País dos Mandóns" uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. iNCRIBLE, NON?








  • E PARA REMATAR UN XOGO!! A OCA DA IGUALDADE

 XOGO DA OCA