11/10/14

DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano. 

Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.

Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.



10/10/14

OLLOS DE AULA Nº 16 - REVISTA PARA AS FAMILIAS

Comparto con vós a edición número 16 da revista Ollos da aula, que para os que non a coñezan é unha revista que publica a Coordinadora Galega de Equipos de Normlización e Dinamización Lingüística de xeito mensual, e que informa ás familias de todos aqueles aspectos da educación que están de actualidade.

Nesta primeira entrega do curso 2014/2015 abórdanse temas como: crear hábitos de traballo nos nenos/as, cambios inminentes que introduce a LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, propostas lectoras, etc.






6/10/14

CONCURSO DE LOGOS

Convidamos ao alumnado de segundo e terceiro ciclo a deseñar un logo para o noso ENDL. Un logo que estará relacionado co nome do blog "A palabra saborosa".

Unha vez que o elaboredes, seguindo as instrucións descritas no cartaz, indicaredes nome e curso por detrás do papel e o entregaredes ao titor ou á titora.

Posteriormente selecionaremos os mellores logos, para despois votar polo único e definitivo.

Animádesvos?




GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Un curso máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela continúa a súa andaina neste blog das palabras saborosas, adicionando ingredientes suculentos e receitas exquisitas. Porque o galego está presente nas mellores linguas, porque é e debe ser unha lingua rexa!