24/6/17

CHARLA SOBRE O MEL


ESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

Que marabilloso festival!! Tivemos un grande programa:

  • Obras de teatro: "A galiña azul", "O homiño de papel", "O merlo branco".
  • Cantos tradicionais: Actuacións dos grupos gañadores.
  • Coreografías: "Natación sincronizada", "Negra sombra" (Xoán XXIII).
  • Cancións:"Capitán, meu capitán".
  • Karaoke: "O rap da lingua".
  • Presentación do vídeo da vida e obra de Carlos Casares ( voz dos nenos e nenas de 5º).

Podedes ver as fotos na seguinte presentación:


PAIS E NAIS LECTORES

Dende a Biblioteca plantexouse implicar aos pais e nais no seu plan de actividades e, como non, moitos/as deles/delas non dubidaron en aceptar.
Grazas pola súa participación e polo ben que o fixeron!!


Faltan fotos, en breve, poremos as demais
  

22/6/17

LECTURAS COMPARTIDAS

Dende a Biblioteca organizáronse moitas actividades que fomentan a lectura entre o noso alumnado. Unha delas foi a das lecturas compartidas que se fixeron en datas sinaladas como o Día do Libro ou o Día da Biblioteca.
https://goo.gl/photos/W5ThXtoEoQfmMQK58


CANTOS NO MARCOS

Que emocionante foi esta actividade do EDL! Formáronse diferentes grupos de 3º a 6º para demostrar o ben que cantan. As cancións, como non podía ser doutra maneira, eran cantigas  tradicionais! Parabéns a todos e todas por participar!!
En primeiro lugar aparecen os tres vídeos das gañadoras.





XOGO DO CHIFLO

Que divertido foi! Esta actividade foi moi interesante: "O xogo do Chiflo". En cada unha das seis caras dun cubo de cartón, pegamos cartolinas dos diferentes traballos realizados arredor da cidade de Pontevedra, as súas tradicións, a súa historia...

https://goo.gl/photos/nF2PvFrKdXHvaJVVA

SALÓN DO LIBRO

MAGNÍFICO TRABALLO PRESENTADO NO SALÓN DO LIBRO:" PASIÑO A PASIÑO ENTRE TODOS/AS CONSTRUÍMOS UN MUNDO MELLOR".
 En cada cara dos cubos reflectíanse diferentes temáticas relacionadas coa educación responsable e co mundo que queremos. Que ben quedou! O alumnado de 2º, 4º e 6º tamén participaron en talleres moi interesantes!
https://goo.gl/photos/UhM2iYk6AcDiRe6t8

ROTEIRO DOS BOLECHAS

https://goo.gl/photos/AxbzaxMGSAqHNo2X9

FRASES FEITAS!!

Cantas frases feitas do galego estamos a aprender!! Estamos escribíndoas e decorándoas, xa miraredes que ben quedan!!

Na seguinte ligazón poderedes practicar con elas, aprender tamén proverbios e adiviñas  da  nosa lingua. Atréveste?!

 http://ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/frases.htm




RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí están as recomendacións lectoras de Traslí!! Facédelle caso e gozade coa aventura da lectura!!
 Preme na imaxe para poder lelas (podes ampliar a imaxe no símbolo da dereita).



https://es.scribd.com/document/351979792/Recomendacions-Lectoras-Xuno-2017
PREME AQUÍ