1/12/16

Unha escritora entre nós

A semana pasada tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey co gallo da presentación da súa curta "A última moeda". A continuación vese a presentación onde se lle agradece a súa influencia, directa ou indirecta, a cal foi necesaria para desenvolver o gran traballo realizado polo alumnado deste centro ao longo destes anos; pero tamén temos que ter en conta que a outra artífice das diferentes actividades deseñadas foi a nosa compañeira Isa Pazos. Grazas ás dúas!

UNHA ESCRITORA ENTRE NÓS

8/11/16

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2016

LECTURAS TERRORÍFICAS

Neste Samaín puidemos escoitar unha chea de historias terroríficas e arrepiantes!!
Queres saber quen foron os escritores e escritoras? Pois aquí tes as fotos de todos os nenos e nenas que participaron.



 SEGUINDO O MODELO DO POEMA "NOITE MEIGA" FÍXOSE ESTE POEMA, TAMÉN, TERRORÍFICO!! NON TE ASUSTES MOITO!!!!

 PREME AQUÍ PARA LER "COS PELOS DE PUNTA"

23/10/16

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

Os alumnos e alumnas de 5º B queren contarvos por que lles gusta ler e cales son os seus libros preferidos. Escoitade e a ver con quen coincidides!!!!

27/6/16

CHORIMAS 2016

A Chorimas nº 10 xa está nas vosas casas!!!

Este ano ten unha portada dedicada a Manuel María e á súa obra, Os Soños na Gaiola. É unha composición feita con todas as portas das aulas do cole, que ilustran cada unha das poesías que integran a obra. Vinde a velas, están preciosas!

E xa no interior... non vos perdades a entrevista a Crocauga, o artigo da excursión de 6º, toda a información de Pontenciencia, o Salón do Libro... e moito máis!!!! 



PONTENCIENCIA 2016

Como xa sabedes, os alumnos e alumnas de 6º participaron no Pontenciencia 2016 con dous experimentos sobre o azucre nos refrescos e a cor nas das bebidas. Levaron 1º accéssit. 



Podedes ver os resultados das súas investigacións na revista Chorimas 2016.

Tamén gañaron o 2º e o 3º premio as familias Rivas Otero e García González, respectivamente.




Moitos parabéns!


26/6/16

CONTACONTOS DO TROTACONTOS

Os nenos e as nenas de 1º tiveron a sorte de asistir a un contacontos do seu propio conto "Legumízate", o conto viaxeiro no cal participáramos xunto con outros centros de Pontevedra: Parada-Campañó, Campolongo, San Benito de Lérez e Verducido.

E non só escoitamos o conto, senón que tamén fixemos un obradoiro de debuxo cun ilustrador! 

E cada un levou o seu conto para a casa! Estes nenos e nenas de 1º son moi bos escritores.

BICHODIVERSIDADE

Aquí está o noso traballo do Salón do Libro, xa lucindo no noso cole. 

Xa sabedes que fomos o centro gañador do Premio do Público, non si? Ollade aquí se non o credes...



Parabéns aos nenos e ás nenas de 2º, 4º e 6º, aos seus profes e ao Equipo de Biblioteca.







ARTE EN 1º, 2º e 3º ANA LEGIDO

Os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º imitaron diferentes obras da pintora galega Ana Legido.

Aquí tedes o resultado!













DÁLLE Á LINGUA EN ONDA CERO

Xa están subidos os nosos audios na web de Onda Cero!!!!

Neles poderedes escoitar varias menciñas da nosa Botica das Palabras, lendas sobre as Pontes de Pontevedra, unha entrevista a Crocauga, informacións moi interesantes sobre os legumes e rimas moi divertidas cos bechos da horta. 

Premede na imaxe para escoitar!




25/6/16

CONCURSO DE DEBUXO PRAZA DE ABASTOS

Despois da visita á Praza de Abastos, alá polo mes de abril, todos e todas os nenos e as nenas de 1º e 2º, participaron no concurso de debuxos con cadanseu deseño.

E resulta que ao final temos tres gañadoras!!!

Uxía Solleiro Franco, Paula Licer López e
Sarai Miranda Cortegoso.

Noraboa, rapazas!







AS PONTES DE CROCAUGA

O alumnado de quinto traballou nun proxecto sobre as Pontes de Pontevedra a través da mascota do río Lérez, Crocauga, aparecida sen previo aviso no vestíbulo e deixando como rastro unhas pegadas misteriosas.
Investigaron moito sobre o tema con ela. 
Como resultado do proxecto, construiron esta maqueta de Pontevedra, que luce así na entrada do noso centro.




Por certo, non vos perdades a entrevista a Crocauga na revista Chorimas! Alí atoparedes moita información sobre esta mascota e os traballos que fixeron os nenos e as nenas de quinto.



A FRAGA DE 1º

O alumnado de 1º aprendeu moitas cousas sobre os animais da fraga. 
Aquí tedes o resultado neste fermoso mural.




A HORTA DE 2º

Os Bechos da Horta foi o proxecto no que traballaron durante todo o curso, os nenos e as nenas de 2º. Ademais de facer un libriño de rimas que presentaron xunto ao traballo do Salón do Libro, tamén fixeron este estupendo mural que mesmo parece unha horta de verdade!







CANTA BICHERÍA HAI NESTE COLE! (VÍDEO - PRESENTACIÓN)

Con todos os traballos expostos no corredor sobre o tema dos animais, elaboramos este vídeo. 

Esperamos que vos guste!

Parabéns ás familias que participaron no proxecto.


13/6/16

LETRAS GALEGAS 2016 - MANUEL MARÍA

Este ano, con motivo da celebración das Letras Galegas, fixemos esta actividade adicada ao escritor homenaxeado: Manuel María.

Como vedes, decoramos todas as portas das aulas con poesías do seu libro Os soños na gaiola. 



Abrimos portas á lingua
con Manuel María nos beizos.
Ceibamos soños ao ar
para saborear a luz da palabra.


ENDL



Esta é a composición que fixemos con todas as portas, que tamén vai ser a portada da nosa revista Chorimas 2016.

Se queredes ver as portas unha a unha e con maior tamaño, clicade na imaxe.


https://picasaweb.google.com/108997437218976696632/6295749926264885153

31/5/16

MURAL DE MANUEL MARÍA 2º


O alumnado de 2º fixo este precioso mural para conmemorar O Día das Letras Galegas, cunha breve biografía de Manuel María e a poesía do Desfile.

Pero a cousa non quedou aí, mesmo fixeron a Manuel María en persoa. E aquí o está, sentado na cadeira presentando o seu libro de poesía: Os soños na gaiola.






FESTIVAL DAS LETRAS 2016

Este ano tivemos un festival das Letras moi variado, con obras de teatro, danzas, cancións... de todo! 

Foi chulisimo!!!

Participaron:

- Alumnado de 6º B coa obra "O regato de Cepelo" (Manuel María).
- 2º A e 2º B cunha percusión corporal: "A primavera".
- Alumnos e alumnas de 3º bailaron diversas danzas: "Haka" (maorí), "Baonopsteker" (holandesa), "Jay Ho" e "Muiñeira de Lugo".
- 6º A coa obra "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela" (Manuel María).
- 5º A cantando "O carro".
- Tamén contamos, como tódolos anos, coa presenza do alumnado de Xoan XXIII que representou unha coreografía espectacular, como xa nos teñen acostumados.

E para finalizar o acto, todos e todas cantamos a canción do Cuco.

Velaquí as fotografías do festival.


18/5/16

O CARRO DE MANUEL MARÍA

Os alumnos e alumnas de 5º fixeron coa profe María, este vídeo precioso con ilustracións sobre a poesía do Carro de Manuel María.

Ollade que fermosura!





PREMIO PARA O MARCOS DA PORTELA NO SALÓN DO LIBRO!

http://pontevedraviva.com/cultura/28130/colegio-marcos-portela-gana-premio-publico-xvii-salon-libro/

O noso traballo sobre os ecosistemas, co que participamos no Salón do Libro 2016 "Canta bichería!" resultou o gañador! Que alegría!

Noraboa polo traballo e esforzo dos alumnos/as e profes!

Se queres ver a nova con detalle, preme na imaxe.

PROGRAMA EDUCACIÓN RESPONSABLE

Nenos de 2º e 3º contaron os diversos proxectos que se están a desenvolver no noso cole dentro do Programa Educación Responsable.

Parabéns a todos e a todas!

3/5/16

TROTACONTOS 2016

O alumnado de 1º participou este ano no Trotacontos 2016 xunto con outros centros de Pontevedra.

Aquí están os artistas posando coas súas páxinas do libro.

Proximamente teremos o conto en formato impreso.

Se queres ver as páxinas do conto preme:

Páxina 1 CEIP Parada Campañó.
Páxina 2 CEIP Parada Campañó.
Páxina 3 CEP Campolongo.
Páxina 4 CEP Campolongo.
Páxina 5 CEP Plurilingüe San Benito de Lérez.
Páxina 6 CEP Plurilingüe San Benito de Lérez.
Páxina 7 EEI Verducido.
Páxina 8 EEI Verducido.
Páxina 9 CEP Marcos da Portela.
Páxina 10 CEP Marcos da Portela.





A PRIMAVERA NUNCA ESPERA 3º



ONDA CERO DÁLLE Á LINGUA





O mércores 27 viñeron gravar dez programas para emitir na sección de Dalle á Lingua de Onda Cero.

Os participantes foron:

- Alumnado de 1º e 4º, que falaron sobre A Botica das Palabras.

- Alumnado de 6º, que explicou o seu proxecto sobre As Pontes.

- Alumnado de 2º, que participou falando sobre os Bechos da Horta.

- Alumnado de 4º que nos contou moitas cousas sobre os Legumes.

Estade atentos porque a emisión dos programas será dende o día 6 ata o 17 de xuño en horario de 11.50 horas e no Dial 103.6 fm.





BRINCALETRAS 2

Os novos Brincaletras xa están nas aulas, se queredes velos aquí, premede na imaxe.

Esperamos aprendades e xoguedes moito con eles!

https://drive.google.com/folderview?id=0B-KkYTqLTprGRUw0OHhhcHp2dk0&usp=sharing
 

OS LEGUMES

Traballos dos nenos e nenas de 4º sobre os legumes, con motivo da proclamación deste ano 2016 como Ano Internacional das Legumes pola UNESCO.


O MAIO HOXE NO COLE

Hoxe os nenos e as nenas de 6º cantaron o Maio no Salón de Actos. 

 

O NOSO MAIO NA FERRARÍA




Este domingo na Praza da Ferraría acadamos os seguintes premios:  

3º premio de Maio, 2º premio en Coplas e 2º premio pola Coroa.

Moitas grazas a todos e a todas por colaborar e facer que perdure a tradición.
 

29/4/16

COPLAS MAIO 2016




Os nenos e nenas de 6º xa teñen as coplas ben preparadas con tanto ensaio! Aquí os tendes practicando. Seguro que lles vai sair xenial!