domingo, abril 28, 2019

VISITA DA ESCRITORA AN ALFAYA





O pasado venres, 25 de abril, recibimos a visita da escritora An Alfaya para falar, entre outros temas, do seu libro "Zoa e Azor". O silencio e a atención foron inmellorables, que interés se respiraba na nosa biblioteca! Primeiro, An contounos o tímida que era de pequena e como xurdiu o feito de empezar a escribir; logo, o alumnado comezou a facer unhas preguntas sobre o libro,certamente interesantes, algunhas preparadas e outras espontáneas; foi un verdadeiro éxito!! Escritora, alumnado e profesorado saímos encantados desta xuntanza tan interesante que deixará unha importante pegada!

Grazas, An Alfaya, e parabéns ao noso alumnado polo ben que se portou e traballou este fermoso libro!

           
Preme na foto para ver outras do acto

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hai algo mellor que ler e compartir?
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, celebrado o 2 de abril, e do Día Internacional do Libro, celebrado o 23 deste mesmo mes, fixemos unha actividade de lecturas compartidas entre os diferentes niveis. Nunha primeira rolda, foron os maiores os que lles leron aos pequenos; pola contra, o pasado xoves, serían os pequenos os que elixisen os textos para lerllelos aos maiores. Que boa experiencia!! Só hai que ver as fotos!!

José  de 3º A lendo en braille a Leire de 5º A!
Preme na foto




sábado, abril 27, 2019

DÁLLE Á LINGUA

Aquí tendes a primeira participación deste ano no programa Dálle á Lingua de Onda Cero, aínda nos queda outra!! Que ben falaron e que ben lle deron á lingua galega!!

Preme na foto para oír ao noso alumnado

GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA RECITADA

Parabéns a todos os gañadores e a todos os escolares participantes!!!


GRUPOS GAÑADORES:
  • Lorena González e Ylenia Pérez de 2º B
  • José Ángel Suárez e Daniel Díez de 2º A
  • Carlota Vázquez e Aroa Mora de 3º B
  • Marina Domínguez de 4ºB
  • Alba Rodríguez, Ana Uxía Santos e Elena Luis Rodríguez de 6º B

luns, abril 22, 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO



Este ano o tema do Salón do Libro é "A REVOLUCIÓN"; nós participamos cun estupendo traballo co que queremos deixar claro a nosa intención de revolucionarnos  contra o plástico para CAMBIAR os nosos costumes e TRANSFORMAR este planeta, cheo de lixo plástico, grazas a DESPLASTIFICACIÓN!!
 Unha fermosa composición tanto pola forma como polo fondo; con ela reinvindicamos, precisamente, que de ningunha maneira  queremos plástico nin no fondo do mar nin en ningures! Destaca o traballo plástico e, tamén, o narrativo e de investigación reflectido nos diferentes libros e "lapbook"!!
O noso alumnado visitou o Salón e puido participar en diferentes obradoiros (Anxo Fariña, impresións en 3D...), ademais de visitar as instalacións onde se falaba, por exemplo, da revolución da escrita, da Revolución dos Caraveis de Portugal...e ver os  traballos doutros coles. Nas fotos podedes ver unha pequena mostra do que se fixo.
Preme na foto para ver as demais


FOTOS DE 5º

SEGUIMOS A VOLTAS CO PLÁSTICO!


Que ben nos explicaron estes dous alumnos do IES Luís Seoane o traballo co que foron premiados. Xuntos, eles e nós, seguiremos a loitar pola redución dos plásticos na nosa vida cotiá. Podemos conseguilo!!

A RADIO DO MARCOS DA PORTELA

Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportun...