O Día do Libro (tamén denominadoDía Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Sabes por que se elixiu esta data? Se non o recordas, busca na seguinte ligazón no apartado do autor. Tamén poderás sentirte coma un/ha Quixote e vivir aventuras coma a dos muíños!!
Para o 1º e 2º ciclo
.Se premes na imaxe, poderás aprender moitísimas cousas sobre esta famosa novela de forma moi divertida!! Mesmo poderás escoitar algún capítulo e ler unha versión en cómic!!
Para o 2º e 3º ciclo
As ligazóns que aparece a continuación son moi interesantes para o fomento da lectura e escritura!
OS DEZ MELLORES RECURSOS PARA CELEBRAR O DÍA DEL LIBRO
Versión íntegra da curta de animación gañadora do Óscar 2012. Esta curta demostra a importancia da lectura realizando unha fermosa homenaxe aos libros.
Como xa sabedes este ano oDía das Letras Galegas está dedicado a CARLOS CASARES. Se queres coñecer a este grande escritor e editor, ademais de defensor da nosa lingua, podes facelo a través destes recursos.
O día 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, e sabes por que se escolleu esa data? Pois porque tal día como
ese do ano 1805 naceu un gran escritor de contos infantís chamado HANS
CHRISTIAN ANDERSEN, en Dinamarca, ao norte de Europa. Seguro que tes
lido moitos dos seus contos sen saber que el era o autor, por exemplo: O
patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador...
Queres volver ler eses e outros moitos contos máis escritos por el? Preme na foto.
Hoxe, no cole, celebrámolo con interesantes lecturas deste autor, como por exemplo: "O reiseñor", "O traxe novo do rei" e "A princesa e o chícharo".
Se queredes ler de novo o conto "O traxe novo do rei", podedes facelo no seguinte vídeo:
O venres tivemos presente a todos/as os que teñen este síndrome, puxémonos un
corazón azul cheo de fermosas palabras dedicadas a estas persoas e
vestímonos tamén de azul. Ademais puidemos ver esta presentación coa
música de fondo de Macaco.