Recomendación Lectoras Nadal 2019 by Marcos Portela on Scribd
xoves, decembro 26, 2019
POEMA TOTAL
Fermoso poema creado polo alumnado de 4º nivel a partir dunha estrutura de Antoio García Teijeiro! Parabéns, poetas!!
Poema Total by Marcos Portela on Scribd
domingo, decembro 22, 2019
Decoración de Nadal 2019
Magnífico belén realizado por Mª Jesús (nai de dous ex alumnos) e Maricarmen, a profesora de Relixión!! Un belén que visibiliza e fomenta a sostibilidade que proclama o noso centro.
E, tamén, magnífica decoración do vestíbulo e do salón a cargo das nais do noso centro! Ademais, da árbore realizada, como vedes, de manera sostible, colgáronse creativas estrellas que portaban bos desexos para este Nadal e para o vindeiro 2020!!
Parabéns!!
Preme nesta árbore tan orixinal, para ver o resto das fotos da decoración!

Preme nesta foto para ler o artigo publicado no Diario de Pontevedra. |
FESTIVAL DE INVERNO
Que festival máis fermoso, como sempre! Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Nadal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixinais!!O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel!
Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"; fíxoo de marabilla e recibiu u merecido premio que lle foi entregado pola titora.
Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste deste ano é: "En clave de humor".
Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron magníficamente!!
Parabéns a todos/as os/as participantes!!
Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás polo ben que adornaron o noso centro!!
Faltan algúns vídeos, poranse en breve!
< />
Para finalizar este fermoso festival, o alumnado de 4° interpretou o tema "So this is Christmas", co que nos emocionaron moitísimo;ao mesmo tempo que cantaban, proxectouse un vídeo con imaxes da nosa cidade engalanada para recibir o Nadal! Bravo por eles e elas!!

PREME PARA VER AS FOTOS |
sábado, decembro 21, 2019
sábado, decembro 07, 2019
venres, novembro 29, 2019
NOVEMBRO, MES DA IGUALDADE
Esta semana tivemos un gran programa para traballar a igualdade no noso centro. Houbo actividades moi interesantes para todos os niveis!
O luns, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller,Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fíxolles reflexionar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a desigualdade entre homes e mulleres, a violencia de xénero e diferentes cuestións relacionados con este tema, como a publicidade sexista. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asisente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo neste día tan especial!
O martes o alumnado de 1º e 2º puideron escoitar uns contos moi especiais sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!!
E, por último, o alumnado de 3º e 4º puido gozar dunha grande actuación do grupo teatral "Migallas"!! A obra representada era “Elas pintan moito”.
Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
xoves, novembro 28, 2019
Que ben fala Juan de 2º B!!
Magnífico relato sobre o seu añiño!! Participou no XVI Concurso de Relato oral "Tíralle da Lingua" que orgaizou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Foi o participante máis novo e fíxoo de marabilla, só hai que ver o vídeo para comprobalo! Parabéns, Juan!!
domingo, novembro 03, 2019
SAMAÍN 2019
Arrepiante!! Así podemos desccribir como deixaron o noso salón de actos as nais do noso centro; unha vez máis dedicaron horas e horas de traballo para sorprendernos coa súa capacidade de dedicación e creatividade. A mesma creatividade que puidemos comprobar na elaboración das cabazas, deste ano, seguindo a temática do humor. Parabéns a todos e todas por participar!!
E alí, no noso salón, puidéronse oír aterradoras historias lidas ou contadas polos nenos e nenas e... polas profesoras ataviadas para a ocasión, ao igual que moito do noso alumnado, con terroríficas vestimentas! Parabéns!! As fotos, a continuación.
+

PREME PARA VER AS FOTOS DO SAMAÍN 2019 |
venres, outubro 25, 2019
Día dasBibliotecas 2019
Para celebrar o Día das Bibliotecas 2019, encargóuselle ao alumnado de 6º unha importante misión: "Espallar as sementes das palabras de fermosos libros , entre os demais nenos e nenas do Marcos da Portela". E aínda que esteamos en outono, estamos seguros de que estas sementes xermolarán e agromarán, se dúbida, en forma de emocionantes historias, contos, relatos, poemas...
Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes anos, se obtiveron no noso Centro! Parabéns a todos e todas!!
Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes anos, se obtiveron no noso Centro! Parabéns a todos e todas!!
Alumnado de 4º relendo o fructífero labor destes anos pasados! Preme na foto para ver as demais. |
mércores, xullo 03, 2019
venres, xuño 28, 2019
CHARLA DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
CHARLA SOBRE O SAHARA ( 3º e 4º)
Que interesante charla sobre o Sahara!!Óscar contounos as súas experiencias durante a súa visita aos campamentos, onde conviviu con nenos/as e maiores.
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título "Palabras de Caramelo"!
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título "Palabras de Caramelo"!
EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Todo o noso alumnado graduase "cum laudem", a nota máxima, en CREATIVIDADE!!! Impresionante exposición que mostra o poder creativo dos nosos/as alumnos/as!
Tamén se desenvolveu, en Libre Configuración, actividades de investigación. Con toda a información realizáronse moitas páxinas para crear un LIM. Ademais, este alumnado realizou diferentes inventos creados con lixo plástico, inventos que foron explicados en diferentes vídeos.
En 5º levouse a cabo un intenso traballo de investigación que abraguía as fases do proxecto do noso Centro "Ollo co plástico" (estudo da orixe, consecuencias do uso dos plásticos e posibles solucións para minimizar este tipo de lixo) como se pode ver neste vídeo, un dos moitos que se fixeron!

luns, xuño 24, 2019
O CASAMENTO DA PULGA
Estupenda representación a cargo do alumnado de 5º B sobre unha cantiga de Antonio Fraguas!! Foi un dos actos que se levaron a cabo para a celebración do Día das Letras Galegas.
venres, xuño 14, 2019
DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS
Hoxe, 14 de xuño, conmemórase o Día Nacional da Lingua de Signos. Para celebralo, a nosa intérprete, Rosa, realizou un estupendo vídeo no que implicou ao noso alumnado e parte do profesorado; concretamente a "profe" Isa creou un par de estrofas para apertura e peche desta montaxe. Parabéns polo traballo ben feito!
venres, xuño 07, 2019
CANTOS NO MARCOS
Que ben cantaron estes nenos e nenas do "Marcos"!! Foi moi difícil decidir quen debía gañar!
Como esta foi unha das actividades que formaron parte da nosa Semana Cultural, os gañadores e gañadoras actuaron no Festival das Letras (podedes velas fotos nesa entrada). A continuación tendes as fotos do certame!

martes, xuño 04, 2019
O 4º NIVEL XOGA COA POESÍA PARA CELEBRAR AS LETRAS
O alumnado de 4º xogou cos versos de diferentes autores/as, ordenándoos para crear os diferentes poemas!!
luns, maio 27, 2019
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Que gran Festival das Letras tivemos este venres!! Hai que darlles os parabéns ao profesorado, ao alumnado, aos presentadores e, sobre todo, a nosa compañeira Pilar! Houbo actuacións musicais, coreografías, poemas, contos musicados... Todos os asistentes puidemos gozar dunha estupenda festa das Letras. Esperemos que a nosa querida lingua resoe con máis forza ao noso arredor!
Para a ocasión engalanamos o vestíbulo con fermosos traxes tradicionais galegos (expuxéronse tamén fotos cos nomes das diferentes partes do mesmo), ademais de láminas ilustrativas do carro, da gaita, do canastro...O noso alumnado traballou estes termos, nas clases, completando debuxos destes elementos "do noso".
O alumnado de 1º fixo retratos do autor homenaxeado a partir dun modelo dado; os excepcionais debuxos foron tamén expostos no noso vestíbulo!
Para ver todas as fotos premede nas dúas últimas.
Unha das actuacións foi o Centón de Antonio García Teijeiro.
"Foi Teijeiro homenaxeado
no último Salón do libro.
Choveron bicos e versos,
trouxo a palabra aloumiños."
"Na clase de libre configuración , compuxemos entre os tres cuartos do cole un centón homenaxe a Antonio García Teijeiro, utilizando única e exclusivamente versos do poeta. Sentímonos camiñantes da palabra, descubridores de historias e paisaxes reais ou afectivas. Pescamos rimas, metáforas, personificacións... Fomos poetas ao fin e ao cabo e agardamos vos guste o resultado final."
Profe Isa
Para a ocasión engalanamos o vestíbulo con fermosos traxes tradicionais galegos (expuxéronse tamén fotos cos nomes das diferentes partes do mesmo), ademais de láminas ilustrativas do carro, da gaita, do canastro...O noso alumnado traballou estes termos, nas clases, completando debuxos destes elementos "do noso".
O alumnado de 1º fixo retratos do autor homenaxeado a partir dun modelo dado; os excepcionais debuxos foron tamén expostos no noso vestíbulo!
Para ver todas as fotos premede nas dúas últimas.
Fotos do segundo pase |
Fotos do primeiro pase |
"Foi Teijeiro homenaxeado
no último Salón do libro.
Choveron bicos e versos,
trouxo a palabra aloumiños."
"Na clase de libre configuración , compuxemos entre os tres cuartos do cole un centón homenaxe a Antonio García Teijeiro, utilizando única e exclusivamente versos do poeta. Sentímonos camiñantes da palabra, descubridores de historias e paisaxes reais ou afectivas. Pescamos rimas, metáforas, personificacións... Fomos poetas ao fin e ao cabo e agardamos vos guste o resultado final."
Profe Isa
Centón Homenaxe a Teijeiro by on Scribd
VISITA DO IES COTOBADE
Este martes, día 21, tivemos a visita de tres alumnos do IES de Cotobade de 1º da ESO que viñeron, acompañados do seu profesor Carlos, para falarnos de Antonio Fraguas. Nese centro celebrouse este ano a Primaveira das Letras, pois este escritor e defensor da nosa lingua naceu nunha localidade do concello de Cotobade. Para a devandita celebración, fixeron traballos moi interesantes que compartiron connosco. Moitísimas grazas, ademais de ilustrarnos sobre a figura do homenaxeado desfrutamos dun traballo ben feito!!
mércores, maio 08, 2019
LETRAS GALEGAS 2019
O día das Letras Galegas
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.
Este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas.
A continuación poderás ler información sobre este autor e, mesmo, xogar, a coñecer as partes do traxe tradicional!!Tamén xa sabes que hai moitos xogos en liña na ligazón de Seminario Galán.

Preme na foto para ler a súa biografía máis extensa |
Preme na foto para ler unha biografía máis breve |
Unidades didácticas para os distintos ciclos de Seminario Galán |
Unidade didáctica de Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego |
No discurso de entrada na Real Academia Galega, Antón Fraguas recollía coplas da parroquia de Loureiro de Cotobade que falaban de distintos paxaros, entre eles, o cuco.
ESCOLMA DE COPLAS DE LOUREIRO DE COTOBADE
Eu ben vin estar o cuco
na rama d-un castiñeiro,
coa machada na mán
deprendendo a carpinteiro
______
na rama d-un castiñeiro,
coa machada na mán
deprendendo a carpinteiro
______
Canta cuco canta cuco
na rabela do arado,
as mulleres antre os homes
é un gando mal gardado.
_______
na rabela do arado,
as mulleres antre os homes
é un gando mal gardado.
_______
Foches falar mal de mín
axunto dos meus amores,
fai de conta que botaches
auga por riba de flores.
_______
axunto dos meus amores,
fai de conta que botaches
auga por riba de flores.
_______
Eu collín a flor da xesta
que é a primeira que vén,
desde que te vín a tí
non amei a mais ninguén.
________
que é a primeira que vén,
desde que te vín a tí
non amei a mais ninguén.
________
Sei d-un niño dunha melra
outro dunha lavandeira,
agora teño tres niños
co niño da costureira.
________
outro dunha lavandeira,
agora teño tres niños
co niño da costureira.
________
Da banda d’alá do río
asubíame unha melra,
a melra como asubía
anda segando na herba.
________
asubíame unha melra,
a melra como asubía
anda segando na herba.
________
Eu ben vín estar o moucho
encima d-ún amieiro,
coa subela na mán
aprendendo a zapateiro.
_________
encima d-ún amieiro,
coa subela na mán
aprendendo a zapateiro.
_________
Moucho que estás no canizo
bota castañas abaixo,
anque non teño mandil
acádochas no refaixo.
__________
bota castañas abaixo,
anque non teño mandil
acádochas no refaixo.
__________
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
_________
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
_________
Cantan os galos o día
érguete, meu ben, e vaite.
Como me hei d-ir, queridiña,
como me hei d-ir e deixarte?
érguete, meu ben, e vaite.
Como me hei d-ir, queridiña,
como me hei d-ir e deixarte?
PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2019 DA XUNTA DE GALICIA (Preme no título)
martes, maio 07, 2019
OBRADOIROS DE GALEGO
A estes obradoiros asistiu o alumnado de 1º e 2º, o día 3º de abril; moito aprenderon do corpo humano, mesmo dos "virus lingüísticos" que afectan á nosa lingua e, para rematar cantaron unhas cantigas!! O alumnado de 5º e 6º, participaron neste obradoiro o día 6 de maio; puideron divertirse e aprender algo máis da nosa fermosa lingua. Mediante acertixos, que resolveron con astucia, chegaron a resolución final!! E así puideron abrir a maleta da avoa Corvo e recibir un engaiolante agasallo! Sabedes o que? Pois uns cornos dunha vacaloura que lles darán moi boa sorte!!
OBRADOIRO DE 1º E 2º |
Obradoiro de 5º e 6º |
O NOSO MAIO 2019
Foi un traballo no que colaboramos alumnado, familias (mesmo participou xente que xa non ten fillos/as no centro), ANPA e profesorado durante días. Parabéns a todos!! Vivimos unhas xornadas moi agradables na que se traballou con moita ilusión. En especial, hai que darlles as grazas a Laura, á súa nai Pilar (a nosa compañeira), que son a "alma máter" do noso Maio.
Para ver o estupendo traballo e a marabillosa execución, premede na foto!
ÁLBUM 1 |
ÁLBUM 2 |
CANTAMOS O MAIO NO NOSO COLE |
domingo, abril 28, 2019
VISITA DA ESCRITORA AN ALFAYA
O pasado venres, 25 de abril, recibimos a visita da escritora An Alfaya para falar, entre outros temas, do seu libro "Zoa e Azor". O silencio e a atención foron inmellorables, que interés se respiraba na nosa biblioteca! Primeiro, An contounos o tímida que era de pequena e como xurdiu o feito de empezar a escribir; logo, o alumnado comezou a facer unhas preguntas sobre o libro,certamente interesantes, algunhas preparadas e outras espontáneas; foi un verdadeiro éxito!! Escritora, alumnado e profesorado saímos encantados desta xuntanza tan interesante que deixará unha importante pegada!
Grazas, An Alfaya, e parabéns ao noso alumnado polo ben que se portou e traballou este fermoso libro!
Preme na foto para ver outras do acto |
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hai algo mellor que ler e compartir?
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, celebrado o 2 de abril, e do Día Internacional do Libro, celebrado o 23 deste mesmo mes, fixemos unha actividade de lecturas compartidas entre os diferentes niveis. Nunha primeira rolda, foron os maiores os que lles leron aos pequenos; pola contra, o pasado xoves, serían os pequenos os que elixisen os textos para lerllelos aos maiores. Que boa experiencia!! Só hai que ver as fotos!!

José de 3º A lendo en braille a Leire de 5º A! Preme na foto |
sábado, abril 27, 2019
DÁLLE Á LINGUA
GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA RECITADA
Parabéns a todos os gañadores e a todos os escolares participantes!!!
GRUPOS GAÑADORES:
GRUPOS GAÑADORES:
- Lorena González e Ylenia Pérez de 2º B
- José Ángel Suárez e Daniel Díez de 2º A
- Carlota Vázquez e Aroa Mora de 3º B
- Marina Domínguez de 4ºB
- Alba Rodríguez, Ana Uxía Santos e Elena Luis Rodríguez de 6º B
luns, abril 22, 2019
VISITA AO SALÓN DO LIBRO
Unha fermosa composición tanto pola forma como polo fondo; con ela reinvindicamos, precisamente, que de ningunha maneira queremos plástico nin no fondo do mar nin en ningures! Destaca o traballo plástico e, tamén, o narrativo e de investigación reflectido nos diferentes libros e "lapbook"!!
O noso alumnado visitou o Salón e puido participar en diferentes obradoiros (Anxo Fariña, impresións en 3D...), ademais de visitar as instalacións onde se falaba, por exemplo, da revolución da escrita, da Revolución dos Caraveis de Portugal...e ver os traballos doutros coles. Nas fotos podedes ver unha pequena mostra do que se fixo.
Preme na foto para ver as demais |
FOTOS DE 5º |
SEGUIMOS A VOLTAS CO PLÁSTICO!
Que ben nos explicaron estes dous alumnos do IES Luís Seoane o traballo co que foron premiados. Xuntos, eles e nós, seguiremos a loitar pola redución dos plásticos na nosa vida cotiá. Podemos conseguilo!!
martes, marzo 05, 2019
ENTROIDO 2019
Que ben o pasamos neste Entroido de protesta contra os residuos plásticos, centrándonos onde van parar a maioría, no mar. Dende os "Plasticoempachados" até "Os Afastaplás", todos quixemos deixar patente o que sofre o noso mar e todos os animais mariños que nel viven.
E recorda o que dicía o alumnado de 5º: "Os plásticos sempre volven ao noso prato!! , pois xa sabes que os peixes se alimentan del e nós, deles.
Temos que agradecer á comparsa "As flores de Monte Porreiro" o ben que amenizaron o desfile, xunto cos nosos nenos e nenas de ecopercusión!! Grazas!
Ao final o Meco queimado despois dun xusto xuízo; a continuación tendes o marabilloso testamento que nos deixou!!(Realizado polo alumnado de 4º e a profe Isa). Pero nin así foi indultado, xa que moitas eran as culpas: violencia de xénero, machismo, crise, contaminación... Todo isto reflectido nas interesantes coplas que compuxo o alumnado de 6º!! Terédelas aquí, en breve!!
E recorda o que dicía o alumnado de 5º: "Os plásticos sempre volven ao noso prato!! , pois xa sabes que os peixes se alimentan del e nós, deles.
Temos que agradecer á comparsa "As flores de Monte Porreiro" o ben que amenizaron o desfile, xunto cos nosos nenos e nenas de ecopercusión!! Grazas!
Preme na foto |
Testamento imaxes 2 by on Scribd
/>
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...