xoves, maio 15, 2014

TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

A  Semana Cultural preséntase ateigada de actos moi interesantes: teatro, cancións, presentación de contos, entrega dos premios do Certame Literario... Por certo o alumnado do 1º ciclo presentou para este certame uns fermosísimos murais!! Aquí os tendes!



FOTOS DE TODOS OS TRABALLOS DOS MURAIS FOTOS DOS TRABALLOS DE 4º B

BRAVO POLO NOSO MAIO

Que fermoso quedou o "maio" do noso centro!! Así foi que gañamos cinco premios!! Parabéns a todos e todas os que participaron na súa realización. Tamén, como non, aos nenos que cantaron as coplas, por ese primeiro premio acadado!



RECITAL DE POESÍA "ROSALÍA DE CASTRO"

Que ben recitaron, maiores e pequenos/as, os versos de Rosalía e algún outro poeta!  O máis emocionante deste recital foi escoitar o galego ...