mércores, maio 26, 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano, por mor da COVID, non puido celebrarse o noso Festival das Letras. Que mágoa non poder desfrutar das estupendas actuacións do alumnado do noso centro! Non obstante, non deixamos de festexar este día cunha fermosa muiñeira bailada por todo o alumnado e profesorado do centro. Por outra banda, coma sempre, grazas a nosa ANPA  e á avoa dun alumno de 1º, Esperanza Marín,  puidemos coñecer de preto e desfrutar da exposición duns preciosos traxes tradicionais galegos.

Preme na foto  para ver máis fotos


martes, maio 18, 2021

VISTAS DENDE O SALÓN DO LIBRO

Grazas ao Salón do Libro tivemos a sorte de gozar e aprender coas visitas dos contadores Carballo con Botas e Antón K, así como da ilustradora Susana Suniaga e da escritora Tamara Andrés.

CONTACONTOS CARBALLO CON BOTAS (preme na foto).


CONTACONTOS ANTÓN K (preme na foto).



VISITA DE TAMARA ANDRÉS (preme na foto).



martes, maio 04, 2021

MAIO 2021

 Aínda que chova, vente ou  haxa COVID, no CEP Marcos da Portela  non deixa de facerse o noso "maio"; malia todos os protocolos, sobrepasamos as expectativas da perfección!! Que bonitiño quedou este "maio" un pouco máis pequeno, pero igual de fermoso có de todos os anos!!

Grazas a todos e todas os/as que colaboraron!!

Preme na foto para ver o álbum.

Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo das coplas cantadas polo alumnado de 6°, así como o fermoso texto do noso benquerido exalumno Pablo Abelleira. 

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/alumnos-do-cep-marcos-da-portela-celebran-maios/202105011905061139236.html

COPLAS DO NOSO CENTRO 


Coplas do CEP Marcos da Portela 2021 by Marcos Portela on Scribd

NOVIDADES DECEMBRO