Conmemoramos este día da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!
Anunciámolo con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!
Para ver as fotos preme no cartel.
Conmemoramos este día da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!
Anunciámolo con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!
Para ver as fotos preme no cartel.
Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?
Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.
Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!
Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.
Un aplauso para estes pequeno artistas! 👏👏👏
Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!
Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!
Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.
Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!
Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!
A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...