martes, xuño 30, 2020

CHORIMAS Nº14


Xa podedes  admirar a nosa fermosa publicación, o noso CHORIMAS!! Unha escolma de traballos  de todas as clases! Parabéns por este formidable traballo!

martes, xuño 09, 2020

VÍDEOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (COMUNIDADE EDUCATIVA, INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS, FINA CASALDERREY, CENTRO FINGOI )

Ricardo Carballo Calero. Día das Letras Galegas.2020
Preme para acceder aos vídeos

No  Día da Letras Galegas 2020, presentámosvos dous fermosísimos vídeos.
Un deles está realizado pola nosa  ANPA O Miradoiro, e no cal colaborou toda a Comunidade educativa; outro foi realizado por Rosa, a intérprete de lingua de signos do noso centro, sobre unha obra do autor homenaxeado: "As pitas baixo a choiva". Parabéns!! Que boa maneira de festexar esta celebración na que se homenaxea a Ricardo Carballo (Carvalho) Calero!

Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso centro enviou ao colexio  Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu fermoso vídeo. 
Non esquezades ver e solucionar os interesantísimos PASAPALABRAS realizados polo EDL do noso centro para cada un dos ciclo, aparecen nunha entrada anterior.




venres, xuño 05, 2020

MAXIA NA MANGA

Estupenda charla espectáculo de maxia "A igualdade non ten truco", que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explicando diversos conceptos do feminismo e actitudes sexistas de xeito ameno, interactivo e sorprendente!

 Co gallo do Día da Muller Traballadora tivemos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas.

Ademais de rir a esgalla, aprenderon a importancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
PREME NA FOTO PARA VER MÁIS

A RADIO DO MARCOS DA PORTELA

Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportun...