Esta semana tivemos un gran programa para traballar a igualdade no noso centro. Houbo actividades moi interesantes para todos os niveis!
O luns, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller,Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fíxolles reflexionar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a desigualdade entre homes e mulleres, a violencia de xénero e diferentes cuestións relacionados con este tema, como a publicidade sexista. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asisente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo neste día tan especial!
O martes o alumnado de 1º e 2º puideron escoitar uns contos moi especiais sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!!
E, por último, o alumnado de 3º e 4º puido gozar dunha grande actuación do grupo teatral "Migallas"!! A obra representada era “Elas pintan moito”.
Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
PREME PARA VER MÁIS FOTOS |