luns, outubro 27, 2014
NOITE MEIGA
Apetéceche escribir un poema de meeedo?
Segue estas pautas:
1º Pensa nun personaxe.
2º Como é?
3º Que fai?
4º Escribe coas respostas unha copla de catro versos facendo que rimen os versos pares.
Bravo! Xa tes un poema!!!
Ollo! Se non se che ocorre nada, aquí tes estes exemplos.
mércores, outubro 22, 2014
GLOGSTER SAMAÍN 2014
Achégase o Samaín, e por iso o ENDL elaborou este Glogster cunha escolma de recursos recompilados na rede.
Para acceder, premede na imaxe e iredes directamente ao Glogster.
venres, outubro 17, 2014
TAMBO
Mañá sábado 18 ás 20:00 horas tendes unha cita no Teatro Principal de Pontevedra: un concerto de Tambo coa Banda Fungadeira.
Tambo é un proxecto que naceu dunha actividade dinamizadora da Biblioteca do CEIP do Carballal de Marín, no que o alumnado elaborou relatos que tratan valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.
O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.
mércores, outubro 15, 2014
PREMIO LEIXAPRÉN 2014
María Xosé Silvar, coñecida como Sés, música e cantautora coruñesa, foi gañadora do Premio Leixaprén deste ano 2014, un premio de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega que se fai entrega cada ano a un persoeiro público, escollido por votación entre os diversos ENDL adscritos á Coordinadora Galega.
EN XOGO
Rexistrate en EN XOGO!
So necesitas:
- Unha conta de correo.
- Un nome para identificarte.
- E un contrasinal.
sábado, outubro 11, 2014
DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO
A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano.
Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.
Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.
venres, outubro 10, 2014
OLLOS DE AULA Nº 16 - REVISTA PARA AS FAMILIAS
Comparto con vós a edición número 16 da revista Ollos da aula, que para os que non a coñezan é unha revista que publica a Coordinadora Galega de Equipos de Normlización e Dinamización Lingüística de xeito mensual, e que informa ás familias de todos aqueles aspectos da educación que están de actualidade.
Nesta primeira entrega do curso 2014/2015 abórdanse temas como: crear hábitos de traballo nos nenos/as, cambios inminentes que introduce a LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, propostas lectoras, etc.
luns, outubro 06, 2014
CONCURSO DE LOGOS
Convidamos ao alumnado de segundo e terceiro ciclo a deseñar un logo para o noso ENDL. Un logo que estará relacionado co nome do blog "A palabra saborosa".
Unha vez que o elaboredes, seguindo as instrucións descritas no cartaz, indicaredes nome e curso por detrás do papel e o entregaredes ao titor ou á titora.
Posteriormente selecionaremos os mellores logos, para despois votar polo único e definitivo.
Animádesvos?
GALEGO, LINGUA MINORITARIA?
Un curso máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela continúa a súa andaina neste blog das palabras saborosas, adicionando ingredientes suculentos e receitas exquisitas. Porque o galego está presente nas mellores linguas, porque é e debe ser unha lingua rexa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...