venres, outubro 04, 2013

REFRÁNS DE OUTUBRO

Xa comezou outubro, e que mellor que unhas cantigas para recibilo!

Naquela banda do río,
ten meu pai un castiñeiro,
bota castañas no outono
uvas no mes de xaneiro.

San Simón, San Simonciño,
bendíceme este cordón
que dá nove voltas
ao redor do corazón.




E agora, unha morea de refráns deste mes!!  
     
A lúa de outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
A verdura de San Simón dá "pro" amo e mais "pro" ladrón. 
A verdura en outono cómea o seu dono.
Áncoras ao fondo, que chega San Simón.
As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os boi.
En outubro, a terra esterca e cobre. 
En San Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa. 
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas. 
Pasados os Remedios e San Roque, xa non hai sesta nin merendote.
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
Polo San Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas. 
Polo San Lucas saben ben as uvas. 
Polo San Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas. 
Polo San Simón apreta o baldón. 
Polo San Simón proba o viño, e o porco polo San Martiño. 
Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. 
Polo San Simón, áncoras ao fondón. 
Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
Por San Francisco, risco, risco. Por San Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
Por San Martiño e San Xudas, piñeiriña das túas uvas.
Por San Quintín castañas ó rolín.
Por San Simón a xeira do cogordón. 
Por San Simón cada moeda vale un doblón.
Por San Simón e San Xudas, collidas as uvas.
Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
Por San Simón o néspero se repón.
Por San Simón, aperta o baldón.
Por San Simón, camiñar si, navegar non.
Por San Xudas e San Simón, collidas as uvas son.
Quen en San Miguel esterca, desde casa rega. 
Quen en San Miguel planta, un ano adianta.


VOCABULARIO

baldónsubstantivo masculino1Tapón, xeralmente de cortiza, con que se tapa o burato das pipas, barrís etc., por onde se enche o viño





NOVIDADES DECEMBRO