Para traballar esta data tendes recursos neste blog, como por exemplo, presentacións, contos...Só tendes que premer a etiqueta que se atopa no lateral correspondente a Día da muller/ Día da muller traballadora. Ademais podedes ler este conto que quizais non coñecedes como tal, animádevos a lelo!!
A continuación tendes a ligazón onde aparece "A Voz de la escuela" do 28 de febreiro para traballar cos voso alumnado.
Preme na foto
Tamén se poden traballar as diferentes noticias, que aparecen na seguinte ligazón, co noso alumnado:
Ademais, os nosos alumnos e alumnas poden participar nun concurso DE "LA VOZ DA GALICIA", que ten como data límite de entrega o 30 de abril, para demostrar o seu talento como xornalistas.
O pasado xoves tivemos a sorte e o honor de recibir a visita da Real Academia Galega, con persoeiros como o seu presidente, Víctor Fdez. Freixanes - por certo, a nosa biblioteca leva o seu nome!- e as académicas Marilar Aleixandre e a nosa benquerida Fina Casalderrey.
Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.
Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.
Fermosos versos para homenaxear a Mª Victoria Moreno creados pola profe Isa e o alumnado de 4º nivel. Parabéns!!! A continuación, o brincaletras dedicado á esta autora.
O alumnado de 4º (A,B e C) foi o fío condutor entre as tres actuacións, preguntándolle a nosa Mª Victoria particular a onde íai (a resposta era a presentación da actuación).
Actuacións:
Vídeo presentación do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" (só dunha parte do texto), alumnas de 6º.
Dramatización do poema "O almorzo", a cargo de alumnos/alumnas de 3º.
Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz", alumnado de 5º (A e B).
Peche das actuacións, alumnado de 4º.
O retrato, que aparece no escenario, foi realizado polo noso compañeiro Eduardo Antonio Dios.
Os fermosos versos que pecharon a actuación do alumnado foron:
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é, simplemente, unha historia de amor".
"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."
"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."