venres, maio 31, 2024

VENRES DE CONTACONTOS

Primeiro venres de contacontos que poidemos gozar na biblioteca.  Os alumnos de 4º leron un libro titulado "El lobo papón".

Moitas grazas por participar e ao alumnado que se achegou a escoitar este marabilloso conto!






xoves, maio 30, 2024

O TENDAL DAS PALABRAS

Por fin temos colgadas as nosas palabras no tendal, iluminando a biblioteca.

Moitas grazas por darlle vida a este espazo!






mércores, maio 29, 2024

CONTOS PARA A IGUALDADE

Hoxe tivemos con nós a Raquel Queizás para contarnos tres divertidos contos para a igualdade ao 1º ciclo.

Seguimos traballando dende o cole para mellorar a equidade na nosa sociedade.

Grazas Raquel, ata a próxima!


venres, maio 24, 2024

CONTOS PARA MANUELA. LUISA VILLALTA

Hoxe tivemos a sorte de ter con nós, "Contos para Manuela". Unha representación sobre a vida de Luisa Villalta, a autora homenaxeada das Letras Galegas deste 2024.

Con esta teatralización puidemos repasar que Luisa naceu en A Coruña, foi profesora de Lingua Galega e Literatura, encantáballe a música, escribir poesía e adoraba o galego e a súa Galicia.

Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas sobre esta gran muller. Ata a próxima!


domingo, maio 19, 2024

DON INQUÉRITO INDÓMITO

O pasado mércores 15 de maio tivemos con nós a Don Inquérito Indómito, un detective privado, para contarnos quen foi Marcos da Portela.

Marcos da Portela foi un poeta do século XVIII de Monte Porreiro.
Ademais está mural do cole, acompáñao tamén o Padre Sarmiento, no que cita nas súas coplas a Marcos.

Moitas grazas pola información detective!






venres, maio 17, 2024

DÁNDOLLE COR AS NOSAS PALABRAS

Como sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, así que, quixemos darlle cor as nosas palabras.

Durante os recreos desta semana o alumnado de todos os cursos na biblioteca, podía colorear as palabras con forma de mandala.

Quedaron chulísimas. Moitas grazas pola particiación!











mércores, maio 15, 2024

CONTACONTOS

Comezamos co "Venres de contacontos", aínda que esta semana empezamos o mércores, unha pequena proba que resultou ser un éxito.

Tres alumnas de 6º leron un libro que se titula "Que podo facer eu?", ao alumnado de 1º.

Moitas grazas chicas, esperámosvos ver pronto de novo!! 







domingo, maio 12, 2024

MIÑOCA E OURIZO

O pasado xoves 9 de maio estivo o escritor Ramón D. Veiga presentando o seu libro, "A miñoca e ourizo" ao alumnado do 1º ciclo. Un libro en formato cómic, onde unha miñoca deixa claro que para ser amigos (neste caso dun ourizo), abonda cunha boa pizza carbora e con extra de queixo.

Ademais, encantounos que nos contara outro dos seus libros "Chove!", no que ten tamén como personaxe principal a unha miñoca.

Moitas grazas pola visita!







venres, maio 10, 2024

A NOSA HORTA

Os máis pequenos do cole están a traballar na horta plantando: pementos, leitugas, tomates, cenorias...

Unha actvidade moi divertida e experiencial, onde o alumnado coñece a orixe das legumes e verduras. Ademais goza do proceso co crecemento das hortalizas e mantemento das mesmas.












xoves, maio 09, 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Neste 17 de maio, a autora que se homenaxea é Luisa Villalta, unha gran defensora da nosa cultura e da nosa lingua.

Con este vídeo poderedes saber un pouco máis sobre a súa vida.




martes, maio 07, 2024

FRANCISCO VIOLAT, ASTRÓNOMO

O pasado xoves 2 de maio tivemos a sorte de ter con nós a Francisco Violat. Conta cunha enorme experiencia como investigador e docente en Atronomía.

Actualmente ten como obxectivo o seguimento de obxectos estelares que son poucos observados e o estudio que existe ao longo de moito tempo.

Unha charla interesante sobre aspectos que no noso día a día pásannos desapercibidos.

Gracias pola túa visita, Francisco!





venres, maio 03, 2024

COPLAS CANTADAS POLO MAIO

Como todos os anos é tradición que nos días posteriores ao propio día do maio, cántanse as coplas fóra pola rúa. Con todo, este ano debido á chuvia tivémolo que facer no mesmo colexio.

Aínda así, gozamos das coplas cantadas e interpretadas polo alumnado de 6º.

Moitas grazas polo traballo!!







NOVIDADES DECEMBRO