Recomendacións Lectoras Nadal 2017 by Anonymous 1qRq4Nxm on Scribd
venres, decembro 15, 2017
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL
Que ben o ides pasar con esta selección de lecturas!! Animádevos a ler este Nadal e tamén o resto do ano; esperamos que gocedes moito coas aventuras de todos estes libros!
martes, novembro 14, 2017
EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2017
A exposición deste ano ten nome de muller, canta imaxinación para representar á muller desde diferentes perspectivas!!!
MAGOSTO
Como todos os anos celebramos o Magosto con divertidos xogos e comendo unhas ricas e quentiñas castañas. Tamén tomamos unhas ricas sobremesas.
Grazas aos pais/ nais que colaboraron na celebración!!
Grazas aos pais/ nais que colaboraron na celebración!!
martes, novembro 07, 2017
DÍA DA BIBLIOTECA 2017
Para celebrar este día fixemos unha selección de lecturas moi interesantes; algunhas, como non, de mulleres relevantes!!
Aquí as tendes!
Aquí as tendes!
Entre Libros e Palabras by Anonymous FUKzlCE on Scribd
luns, outubro 23, 2017
A VOLTAS COS LIBROS DE LEDICIA COSTAS
Que ben o imos pasar cos estes libros!!! Moitos xa están a desfrutar os que hai na nosa biblioteca, case non hai maneira de atopalos por alí!!
Ademais se conseguimos que merquedes un bo número de exemplares entre o alumnado de 5º e 6º, poderemos contar coa presenza da autora no noso "cole"!! Animádevos canto antes!
Ademais se conseguimos que merquedes un bo número de exemplares entre o alumnado de 5º e 6º, poderemos contar coa presenza da autora no noso "cole"!! Animádevos canto antes!
domingo, outubro 22, 2017
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO COA A VOZ DAS MULLERES!!
Ola, nenos e nenas!!! Este novo curso imos escoitar moitas voces de mulleres: Gloria Fuertes, no Día da Paz; Mª Victoria Moreno, nas Letras Galegas; mulleres de conto, no Salón do Libro; July Merheru, en Reflejarte... e moitas mulleres máis que destacaron en todos os ámbitos das artes, das ciencias... e da vida cotiá, en xeral. Bravo a todas elas!!, loitaron nun mundo de homes superando moitas dificultades para poder ter o éxito que se merecían elas e moitas das que quedaron nun total esquecemento. Coñeceremos a vida e a obra de mulleres de relevancia internacional/ nacional, galega e, tamén, da contorna máis próxima.
Algunhas das mulleres galegas que imos estudar, de diferentes maneiras e utilizando distintos recursos, podedes atopalas nesta ligazón:
Algunhas das mulleres galegas que imos estudar, de diferentes maneiras e utilizando distintos recursos, podedes atopalas nesta ligazón:
luns, xullo 03, 2017
HOMENAXE A ÁLEX
Coa chegada da primavera, a clase de 4º B -en nome de todo o centro- rendeu homenaxe a Álex Rodríguez Ferrín, baixo o prunus plantado na súa memoria.
O alumnado recitou un poema escrito para a ocasión e cantou "Resistiré". Finalmente, foron depositadas unhas flores ao pé da árbore.
Cada póla é unha aperta;
cada brote, unha lembranza;
cada flor, un sentimento.
Aquí fala... a esperanza.
O alumnado recitou un poema escrito para a ocasión e cantou "Resistiré". Finalmente, foron depositadas unhas flores ao pé da árbore.
Cada póla é unha aperta;
cada brote, unha lembranza;
cada flor, un sentimento.
Aquí fala... a esperanza.
DÍA NACIONAL DA LINGUAXE DE SIGNOS
O 14 de xuño foi o Día Nacional da Linguaxe de Signos, e co gallo dun concurso da FAXPG, a nosa compañeira Rosa fixo este fermoso vídeo co alumnado do noso centro.
xoves, xuño 29, 2017
sábado, xuño 24, 2017
ESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017
Que marabilloso festival!! Tivemos un grande programa:
Podedes ver as fotos na seguinte presentación:
- Obras de teatro: "A galiña azul", "O homiño de papel", "O merlo branco".
- Cantos tradicionais: Actuacións dos grupos gañadores.
- Coreografías: "Natación sincronizada", "Negra sombra" (Xoán XXIII).
- Cancións:"Capitán, meu capitán".
- Karaoke: "O rap da lingua".
- Presentación do vídeo da vida e obra de Carlos Casares ( voz dos nenos e nenas de 5º).
Podedes ver as fotos na seguinte presentación:
PAIS E NAIS LECTORES
Dende a Biblioteca plantexouse implicar aos pais e nais no seu plan de actividades e, como non, moitos/as deles/delas non dubidaron en aceptar.
Grazas pola súa participación e polo ben que o fixeron!!
Grazas pola súa participación e polo ben que o fixeron!!
Faltan fotos, en breve, poremos as demais |
xoves, xuño 22, 2017
LECTURAS COMPARTIDAS
Dende a Biblioteca organizáronse moitas actividades que fomentan a lectura entre o noso alumnado. Unha delas foi a das lecturas compartidas que se fixeron en datas sinaladas como o Día do Libro ou o Día da Biblioteca.
CANTOS NO MARCOS
Que emocionante foi esta actividade do EDL! Formáronse diferentes grupos de 3º a 6º para demostrar o ben que cantan. As cancións, como non podía ser doutra maneira, eran cantigas tradicionais! Parabéns a todos e todas por participar!!
En primeiro lugar aparecen os tres vídeos das gañadoras.
En primeiro lugar aparecen os tres vídeos das gañadoras.
XOGO DO CHIFLO
Que divertido foi! Esta actividade foi moi interesante: "O xogo do Chiflo". En cada unha das seis caras dun cubo de cartón, pegamos cartolinas dos diferentes traballos realizados arredor da cidade de Pontevedra, as súas tradicións, a súa historia...
SALÓN DO LIBRO
MAGNÍFICO TRABALLO PRESENTADO NO SALÓN DO LIBRO:" PASIÑO A PASIÑO ENTRE TODOS/AS CONSTRUÍMOS UN MUNDO MELLOR".
En cada cara dos cubos reflectíanse diferentes temáticas relacionadas coa educación responsable e co mundo que queremos. Que ben quedou! O alumnado de 2º, 4º e 6º tamén participaron en talleres moi interesantes!
En cada cara dos cubos reflectíanse diferentes temáticas relacionadas coa educación responsable e co mundo que queremos. Que ben quedou! O alumnado de 2º, 4º e 6º tamén participaron en talleres moi interesantes!
FRASES FEITAS!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...