Para celebrar o Día de Rosalía e o Día da Poesía, o noso alumnado animouse a recitar poemas de distintos escritores galegos viaxando de forma virtual polas paisaxes da nosa terriña.
Como acostumamos dicir... "a poesía é unha arma moi poderosa" e, tamén, "cargada de futuro. Por iso, o alumnado de 4º nivel escolleu este xénero literario para convencernos da necesidade de cambiar o noso modo de actuar; deste xeito, o noso planeta poderá ter un futuro. Parabéns!!!
Parabéns a todo o alumnado de 6º que participou neste traballo tan interesante e imprescindible. Poderemos ser conscientes da realidade do noso planteta, así como coñecer medidas para minimizar, ao máximo, o desastre que os humanos estamos a ocasionar!!