martes, decembro 22, 2020
domingo, decembro 20, 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, que xusto coincidía coa apertura da nosa biblioteca, os nenos e nenas do cole fixeron uns booktrailers estupendos. Recomendaron aqueles libros que máis lles gustaron, así que non dúbidedes en botarlles unha ollada porque de seguro que atopades algo que vos interese.
A seguir lendo amig@s!
BOOKTRAILERS DE 2ºA
BOOKTRAILERS DE 3ºA
BOOKTRAILERS DE 3ºB
BOOKTRAILERS DE 3ºC
BOOKTRAILERS DE 4ºA
BOOKTRAILERS DE 4ºB
BOOKTRAILERS DE 5ºB
BOOKTRAILERS DE 5ºC
BOOKTRAILERS DE 6ºB
BOOKTRAILERS DE 6ºC
xoves, novembro 26, 2020
luns, novembro 16, 2020
A BIBLIOTECA ESPÉRAVOS!
Con esta situación que estamos a vivir, que mellor que refuxiarse nos libros?
A Biblioteca espéravos coas portas abertas para que gocedes da lectura e do mundo da fantasía. Lembrade que estamos abertos polas tardes de luns a xoves, en horario de 16.00 a 18.00 e que este ano temos unhas novas normas.
martes, xuño 30, 2020
CHORIMAS Nº14
Xa podedes admirar a nosa fermosa publicación, o noso CHORIMAS!! Unha escolma de traballos de todas as clases! Parabéns por este formidable traballo!
domingo, xuño 28, 2020
martes, xuño 09, 2020
VÍDEOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (COMUNIDADE EDUCATIVA, INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS, FINA CASALDERREY, CENTRO FINGOI )
Preme para acceder aos vídeos |
No Día da Letras Galegas 2020, presentámosvos dous fermosísimos vídeos.
Un deles está realizado pola nosa ANPA O Miradoiro, e no cal colaborou toda a Comunidade educativa; outro foi realizado por Rosa, a intérprete de lingua de signos do noso centro, sobre unha obra do autor homenaxeado: "As pitas baixo a choiva". Parabéns!! Que boa maneira de festexar esta celebración na que se homenaxea a Ricardo Carballo (Carvalho) Calero!
Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso centro enviou ao colexio Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu fermoso vídeo.
Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso centro enviou ao colexio Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu fermoso vídeo.
Non esquezades ver e solucionar os interesantísimos PASAPALABRAS realizados polo EDL do noso centro para cada un dos ciclo, aparecen nunha entrada anterior.
venres, xuño 05, 2020
MAXIA NA MANGA
Estupenda charla espectáculo de maxia "A igualdade non ten truco", que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explicando diversos conceptos do feminismo e actitudes sexistas de xeito ameno, interactivo e sorprendente!
Co gallo do Día da Muller Traballadora tivemos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas.
Ademais de rir a esgalla, aprenderon a importancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
Co gallo do Día da Muller Traballadora tivemos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas.
Ademais de rir a esgalla, aprenderon a importancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
PREME NA FOTO PARA VER MÁIS |
xoves, maio 14, 2020
PÁXINAS INTERESANTES PARA COÑECER AO HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: RICARDO CARBALLO CALERO
Concurso
da Xunta. Biografía en carteis.
Portal
da lingua galega (Tamén leva aos carteis).
SEMINARIO
GALÁN: Actividades para todas as idades
OS
BOLECHAS FALAN DE Carvalho Calero e a súa obra SCÓRPIO
A
RAG sobre D. Ricardo:
“Unha
palabra para D. Ricardo”. Son varios vídeos de persoeiros falando
do escritor para celebrar as Ls Gs.
Conto
AS PITAS BAIXO A CHOIVA.
Conto,
músicas e unidade didáctica. http://aspitas.gal/
Biografías:
PASAPALABRAS PARA CADA CICLO / DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Xogo, creativo e interesante, co que se achega a figura de Ricardo Carballo Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
Realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela. ParabénS, magnífico traballo!!
PASAPALABRA 1º CICLO by Marcos Portela on Scribd
PASAPALABRA 2 º CICLO by Marcos Portela on Scribd
PASAPALABRA 3 by Marcos Portela on Scribd
mércores, abril 15, 2020
Recomendacións para ter acceso a libros en formato dixital
Recomendación
da RAG (preme na imaxe)
A
xunta pon a disposición de toda a poboación, durante o confinamento
polo coronavirus, 4.500 títulos das bibliotecas públicas de
Galicia.
www.Galicia
Le.gal
Non
tes carné de biblioteca? Rexístrate
e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio
Galicia e ao Catálogo
galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para
achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das
vantaxes de GaliciaLe.
Hai
que rexistrarse para
acceder aos
libros dixitais, para o que compre:
Ter
un ordenador, tableta, … compatible.
Unha
conta de correo electrónico.
Os/as
menores de 14 anos tamén poden rexistrarse, con permiso dun adulto
responsable (pai, nai, titor/a).
EDLG-BIBLIOTECA
POEMAS COMPARTIDOS
Entre
o DÍA DE ROSALÍA, 24 de febreiro, e o DÍA DA POESÍA, 21 de marzo,
estábamos a facer una actividade que lle chamamos
POEMAS
COMPARTIDOS
na
que cada membro da comunidade educativa podía agasallarnos cun
poema, de Rosalía de Castro ou outro/ autor/a galego/a.
Este
poema sería colgado, nun espazo acondicionado do vestíbulo, para
poder coller outro e gozar coa súa lectura.
Tendo
en conta as circunstancia actuais
é difícil compartilos, pero
todo
o alumnado que queira pode copiar un poema, ou más de un se así
desexa, e, cando regresemos ao colexio xa poderemos levalos e
compartilos.
As
condicións que deben cumprir son:
Escrito
en galego.
Boa
letra, boa presentación, pode incluír ilustracións.
Seguir
o esquema da plantilla (preme aquí).
Poden
participar nenos e nenas desde 1º a 6º, pero tamén nais, pais, …
Ánimo!
Esperamos
o teu agasallo!
Equipo
de Dinamización da Lingua Galega
POESÍAS COMPARTIDAS by Marcos Portela on Scribd
Rosalía de Castro by Marcos Portela on Scribd
mércores, abril 01, 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: 2 DE ABRIL
Nesta data lembramos ao
escritor de contos clásicos Hans Christian Andersen. Os seus contos
son coñecidos por todos e todas:
El ruiseñor, La Sirenita,
El Patito Feo, El soldadito de Plomo, La reina de las Nieves…
O Traxe novo do Emperador
(En galego)
Podemos aproveitar estes
días na casa para ver vídeos dos seus contos no YouTube.
Se premes nesta ligazón Día do Libro, podes atopar máis entradas publicadas neste blog!
martes, marzo 31, 2020
LENDO NAS NOSAS CASAS
LENDO NAS NOSAS
CASAS
Nestes días de
confinamento queremos darvos algunhas ideas para gozar da lectura na
casa.
Xenerosamente algunhas editoriais poñen a nosa disposición
algúns títulos para que poidamos ler nos nosos dispositivos de
balde. Fagamos un bo uso destas iniciativas e gocemos da compaña dos
libros.
En
galego:
- Baía edicións
- Xerais
En
castelán:
- Anaya
Outras
iniciativas:
- canal KALANDRAKA TV, ofrécenos contos contados.
- TVG -Contos do camiño
- Aulas galegas. Lecturas compartidas (hai unha ligazón perrmanente na web do cole, á dereita)
- Os Bolechas- YouTube (Vídeos animados dos contos)
- GaliciaLe
A
plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das
bibliotecas públicas galegas.
mércores, febreiro 19, 2020
ENTROIDO 2020
Este ano imos celebrar un Entroido moi cómico:o alumnado de 1º e 2º irá disfrazados de pallasos/as; o de 3º, de Mucha e Nucha; o de 4º, de Chaplin; o de 5º, de mimos; e o de 6º de Tricicle!!
O alumnado do 3º ciclo escribiu unha coplas moi interesantes que podedes ler neste documento (preme aquí para acceder a Google).
A continuación podedes ler o marabilloso testamento que fixo o alumnado de 4º. A ver que vos deixaron!!!
TESTAMENTO 2020 by marcos on Scribd
VÍDEO DE 6° PARA RIR SEN PARAR!!
PREME NA FOTO PARA VER OUTRAS |
xoves, xaneiro 30, 2020
DÍA DA PAZ 2020
Un ano máis celebramos o Día da Paz cun fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións, que mellor combinación!!
En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
E non esquezamos o mural no que participaron todos os niveis! O alumnado escribiu, en pingas de cores, todo o negativo do mundo que faría desaparecer coas súas vacinas especiais!
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE
En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
Olladas de Paz by marcos on Scribd
A continuación, todo o alumnado do centro, cantou a canción "Un veleiro verde" de María Fumaça; e así, embarcámonos nese mundo de paz e harmonía, co que todos e todas soñamos, coa palabra e a "Lingua de signos" da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis!PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE
luns, xaneiro 27, 2020
BRINCALETRAS!!
Magníficos "Brincaletras" da profe Isa e Dolores Froján para todos os niveis! Agora só hai que poñerse mans á obra, e facelos da maneira máis creativa posible. Disfrutade coa creación literaria a partir destes versos de Antonio García Teijeiro!!
Brinc nº 13 1º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 2º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 3º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 4º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 5º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 6º by Marcos Portela on Scribd
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...