martes, marzo 05, 2019

ENTROIDO 2019

Que ben o pasamos neste Entroido de protesta contra os residuos plásticos, centrándonos onde van parar a maioría, no mar. Dende os "Plasticoempachados" até "Os Afastaplás", todos quixemos deixar patente o que sofre o noso mar e todos os animais mariños que nel viven.
 E recorda o que dicía o alumnado de 5º:  "Os plásticos sempre volven ao noso prato!! , pois xa sabes que os peixes se alimentan del e nós, deles.

Temos que agradecer á comparsa "As flores de Monte Porreiro" o ben que amenizaron o desfile, xunto cos nosos nenos e nenas de ecopercusión!! Grazas!

Preme na foto 



Ao final o Meco queimado despois dun xusto xuízo; a continuación tendes o marabilloso testamento que nos deixou!!(Realizado polo alumnado de 4º e a profe Isa). Pero nin así foi indultado, xa que moitas eran as culpas: violencia de xénero, machismo, crise, contaminación... Todo isto reflectido nas interesantes coplas que compuxo o alumnado de 6º!! Terédelas aquí, en breve!!
Testamento imaxes 2 by on Scribd
/>

A RADIO DO MARCOS DA PORTELA

Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportun...