En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
Olladas de Paz by marcos on Scribd
A continuación, todo o alumnado do centro, cantou a canción "Un veleiro verde" de María Fumaça; e así, embarcámonos nese mundo de paz e harmonía, co que todos e todas soñamos, coa palabra e a "Lingua de signos" da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis!PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE