Que fermoso libro fixemos entre todos/as!! Hai moito que ler, pero seguro que vos gusta porque está feito por vós!
mércores, novembro 27, 2013
luns, novembro 25, 2013
GRAVACIÓN PARA ONDA CERO/ FOTOS E VÍDEO
Que ben o fixeron estes nenos e nenas!! Falaron da vendima, do millo, da pataca, da cabaza, leron poemas e ata cantaron. Que máis se pode pedir?!
A partir do luns, 25 de outubro, poderedes escoitalos de 11:50 a 12 na emisora de ONDA CERO PONTEVEDRA. O alumnado de 6º A, B e C tamén participaron nesta gravación, pero no aparecen no vídeo por "problemas técnicos" (esgotamento da batería). Podedes ver aos alumnos/as participantes nas fotos.

xoves, novembro 21, 2013
O MAGOSTO
Que ben o pasamos, e que ricas estaban as castañas!! Aquí tendes unha chea de fotos en dúas presentacións.
mércores, novembro 13, 2013
CANTEMOS AO MILLO
Agora xa coñecemos todo o proceso para poder degustar este rico cereal; así que, para rematar , cantemos esta fermosa canción do libro "Pan de Millo" de Migallas. A cantar!!
Letra (fragmento)
Se pan de millo
vas merendar
mira o traballo
que hai detrás. (Bis)
Hai que plantar.
Hai que esperar.
Logo nacer
e esfollar. (Bis)
Se pan de millo...
Hai que gardar.
Hai que debullar.
Logo moer
e peneirar. (Bis)
Letra (fragmento)
Se pan de millo
vas merendar
mira o traballo
que hai detrás. (Bis)
Hai que plantar.
Hai que esperar.
Logo nacer
e esfollar. (Bis)
Se pan de millo...
Hai que gardar.
Hai que debullar.
Logo moer
e peneirar. (Bis)
luns, novembro 04, 2013
O MILLO, DA TERRA Á MESA!
O Equipo de Dinamización Lingüística realizou esta pequena presentación sobre este cereal, que nos chegou de tan lonxe.
Preme no + para poñer en pantalla completa.E agora queredes ver como funciona o muíño, pois aquí o tendes:
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2013
E chegou o Samaín!! Parabéns a todos os nenos, nenas, pais, nais... por participar!
Nesta presentación de fotos, ademais das cabazas, pódese ver como quedou adornado o noso "cole". Hai que llo agradecer ás nais, que moito traballaron para conseguir deixalo terrorificamente fermoso!!
Nesta presentación de fotos, ademais das cabazas, pódese ver como quedou adornado o noso "cole". Hai que llo agradecer ás nais, que moito traballaron para conseguir deixalo terrorificamente fermoso!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...