luns, decembro 09, 2024

IMOS DE CINE!

Con motivo do PDI deste ano, "Montando a película",  tivemos a sorte de ir ao cine de Seixo, o cine máis antigo de España aínda en funcionamento. A película que visionamos foi "Pequeña osa", que promove a conciencia ambiental. 

Foi unha xornada marabillosa!

                                                              

                                                              

                                                    



luns, novembro 25, 2024

MAGOSTO 2024

O 11 de novembro, o día de San Martiño, celebramos como cada ano o Magosto. Unha celebración na que os galegos honraban a chegada das colleitas do outono en torno ao lume e as castañas asadas.

No cole contamos coa visita do castañeiro para degustar unhas castañas ben quentiñas e saborosas, e despois gozamos dos diversos xogos tradicionais. Pasámolo en grande!



25 N 2024

 Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Pero non só hai que estar activos nesta loita  este día tan sinalado, senón todos os días do ano. Porque o que queremos é unha sociedade onde convivamos , todos e todas, sen inxustizas , violencia ou desigualdades cara as mulleres.
 A continuación tendes o videoconto de "Arturo e Clementina" nas voces de tres compañeiros: Alejandro, Alberto José
 e Máximo. Non deixedes de escoitalo e reflexionade sobre  a mensaxe que nos transmite.

Ademais tendes un vídeo sobre unha importante activista, Malala Yousafzai, que sufriu en carne propia a violencia machista dos talibáns por defender o dereito á educación das nenas do seu país. 

E se queres saber por que se celebra  esta conmemoración o 25 de novembro, tes a resposta no derradeiro vídeo.



Para este día elaboramos un mural onde deixamos escrito todo o que desexamos para lograr ter unha sociedade na que predominen os valores que anteriormente mencionamos e atamos o noso lazo morado na cortina que montamos na entrada do centro.





martes, novembro 05, 2024

OBRADOIRO DE MOMIAS

A nosa celebración do Samaín deu para moito e é que o alumnado de 2º realizou un obradoiro de momias con la. Pasámolo en grande e quedaron terroríficas!







AS FAMILIAS CONTAN

Para celebrar a festividade do Samaín recibimos a visita de dúas nais que se animaron a contarlles contos de medo aos nenos e nenas de 2º e 4º.

Moitísimas grazas pola vosa participación! 













UN SAMAÍN DE CINE

Chegou a noite máis aterradora do ano e no Marcos da Portela celebrámola cun concurso de cabazas moi cinematográfico e disfrazados dos personaxes máis terroríficos. 

Aquí vos deixamos unha mostra das marabillosas creacións do noso alumnado e das nosas mellores galas de medo. 

Grazas coma sempre pola vosa participación.


















venres, outubro 25, 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas cunha actividade proposta pola nosa mascota Traslí. Convidounos a gozar dunha sesión de cine mudo, onde puidemos ver distintas escenas que fixeron historia.

Tamén lembramos a película de cine mudo "Case 101 dálmatas", interpretada polo alumnado que agora está en 5º.

Foi unha actividade fantástica onde as gargalladas estiveron aseguradas.


martes, outubro 01, 2024

MONTANDO A PELÍCULA

Comeza un novo curso e con el un novo proxecto, "Montando a película". 

Este ano adentrarémonos no mundo do cine. Estades preparados?   

                                                              3, 2, 1... ACCIÓN!

mércores, xullo 10, 2024

venres, xuño 21, 2024

MANU PORTELA

Manu Portela ex-alumno do Marcos da Portela veu ao cole o xoves. Estivo xogando co alumnado, firmando autógrafos, falando de como compaxina os estudios co deporte...

Manu actualmente é xogador do xuvenil de División do Honor do Vilarreal. Cando o ficharon, aos once anos, estaba xogando no AJ Lérez.

Grazas pola visita Manu e moita sorte no futuro!







Compartímosvos unha ligazón onde aparece un artigo sobre el.

mércores, xuño 19, 2024

martes, xuño 18, 2024

ÚLTIMO CONTA CONTOS...

O último conta contos do curso da man de Natalia e Aroa, unhas alumnas de 4º.

Decidiron que unha delas representaba o conto, "Unha extraña visita", con xestos mentres a compañeira iba lendo. Foi unha aténtica marabilla, encantounos!!

Moitas grazas chicas. O curso que vén máis e mellor!




luns, xuño 17, 2024

QUEN SEMENTA SEMPRE RECOLLE...

Así loce a nosa horta despois de plantar o mes pasado.

Grazas a todo o alumnado e profesorado implicado para ter un horto así de fermoso. Desta maneira observamos como os alimentos nacen e medran da terra e para iso precisan coidado.




mércores, xuño 12, 2024

A RADIO DO MARCOS DA PORTELA

Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportunidade de escoitar os traballos que fai o alumnado de todos os cursos sobre diferentes temáticas.

Moitas grazas polo labor que hai detrás dos micrófonos e a vós por estar ao outro lado!






NOVIDADES XANEIRO