Recomendacións Nadal 2021 by marcos on Scribd
Este ano celebramos o MAGOSTO dunha maneira especial. Aínda que non puidemos celebrar os xogos tradicionais, coma todos os anos, por mor da pandemia; tivemos a ocasión de ver a uns típicos castañeiros e degustar as castañas da súa máquina de asar!
Para ver as fotos, preme na imaxe.
Polo Día das Bibliotecas, os nosos nenos e nenas adícaronlle unhas fermosas palabras ás bibliotecas, contando que son para eles, que lles ofrecen, como se sinten nelas... A verdade é que fixeron un traballo marabilloso.
E para ti, que é a biblioteca?
A continuación podedes ver un marabilloso vídeo realizado polo coordinador do EQUIPO UNESCO, con el botamos unha ollada a moitos dos proxectos e actividades realizadas neste centro dende hai uns anos.
Seguiremos a traballar en moitos proxectos que xa teñen unha continuidade de varios anos, como por exemplo DESPLASTIFÍCATE, e implementaremos outros novos.
Ola, amigos e amigas!
Empezamos un novo curso e a biblioteca abre as súas portas para recirbirvos con moita ilusión. Agardamos vervos por aquí algunha que outra tarde. Unha chea de aventuras estanvos esperando!
Para que vaiades pensando en que libro escoller, deixámosvos as novidades deste mes de outubro.
Un ano máis celebrouse o 4º Certame de "Cantos no Marcos". Houbo moita participación e, como non, gañadores e gañadoras; aínda que todos e todas o fixeron moi ben.
No vídeo podedes ver unha escolma dos/das participantes. Parabéns!!
CHORIMAS 2020-2021 by Marcos Portela on Scribd
A coordinadora do noso EDL, Dolores Froján, realizou estes magníficos PASAPALABRA. Hai un para casa ciclo, de menor a maior complexidade.
Parabéns, que ben o pasaron e canto aprenderon os nosos nenos e nenas!!
PASAPALABRA 1º ciclo by marcos on Scribd
Aquí vai outra proposta de Traslí para o noso proxecto deste ano. Os nenos e nenas convértense en grandes cociñeiros, agricultores e gandeiros para mostrarnos algunha receita ou produto típico da terra.
- Marina de 3ºC ensínanos a plantar patacas e a facer un rico puré coas mesmas.
- Denís de 3ºA cóntanos que produtos ten na súa horta.
- Carla de 3ºA prepara un apetitoso polbo á feira.
- As torradas de Roi de 4ºA.
- Alejandra de 4ºA cociña unha exquisita bica galega.
- Lucas Corbacho de 4ºA fai un saboroso batido de amorodos.
- Noa Corbacho de 4ºA prepara unha mousse de plátano.
- André de 4ºA deléitanos coa receita das orellas de entroido.
- Anxo de 4ºA explícanos como plantar cebolas e facer unha rica cebola caramelizada.
-Lorena González de 4ºA fai unhas orellas de entroido con ovos da súa casa.
- Paula Castro de 4ºB elabora un torta de Santiago con ovos da casa.
- Aitor Iglesias de 5ºB sorpréndenos cuns ricos callos.
- Anxo García de 6ºB prepara unhas torradas de pan.
- Katia Barros de 6ºB ensínanos a facer unha deliciosa torta de Santiago.
- Sarai Miranda de 6ºB elabora unha bica galega.
- Xoel de 5ºB cociña unhas gustosas orellas de entroido.
- Mario Martínez de 5ºB explícanos como preparar unhas rosquillas.
Parece ser que as filloas gustan moito. Aquí vos deixamos as distintas receitas dos vosos compañeiros e compañeiras para que probedes a facer algunha.
Este ano mergullámonos nun novo proxecto, "Gocemos Galicia", para poder coñecer todos os encantos que nos ofrece esta terriña.
Traslí, a nosa mascota da biblioteca, encomendounos buscar información sobre as paisaxes galegas para que a súa viaxe por elas fose moito máis doada e interesante.
Aquí vos deixamos o resultado do noso traballo!
Este curso moitas familias animáronse a compartir connosco o seu gozo pola lectura, agasallándonos con distintos contos.
Moitas grazas, familias!
CONTOS EN 1ºA
Este ano, por mor da COVID, non puido celebrarse o noso Festival das Letras. Que mágoa non poder desfrutar das estupendas actuacións do alumnado do noso centro! Non obstante, non deixamos de festexar este día cunha fermosa muiñeira bailada por todo o alumnado e profesorado do centro. Por outra banda, coma sempre, grazas a nosa ANPA e á avoa dun alumno de 1º, Esperanza Marín, puidemos coñecer de preto e desfrutar da exposición duns preciosos traxes tradicionais galegos.
Preme na foto para ver máis fotos |
Grazas ao Salón do Libro tivemos a sorte de gozar e aprender coas visitas dos contadores Carballo con Botas e Antón K, así como da ilustradora Susana Suniaga e da escritora Tamara Andrés.
CONTACONTOS CARBALLO CON BOTAS (preme na foto).
CONTACONTOS ANTÓN K (preme na foto).
Aínda que chova, vente ou haxa COVID, no CEP Marcos da Portela non deixa de facerse o noso "maio"; malia todos os protocolos, sobrepasamos as expectativas da perfección!! Que bonitiño quedou este "maio" un pouco máis pequeno, pero igual de fermoso có de todos os anos!!
Grazas a todos e todas os/as que colaboraron!!
COPLAS DO NOSO CENTRO
Coplas do CEP Marcos da Portela 2021 by Marcos Portela on Scribd
Parabéns a todo o alumnado de 6º que participou neste traballo tan interesante e imprescindible. Poderemos ser conscientes da realidade do noso planteta, así como coñecer medidas para minimizar, ao máximo, o desastre que os humanos estamos a ocasionar!!
Hoxe celebramos o Día do Libro no noso centro, concretamente, o alumnado de 1º recitou con moita enerxía o poema "Polas rúas" e " Xan Perillán"!!
Unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro!
Polo Día de Rosalía, os nenos e nenas de 5ºB decidiron recitar un dos seus poemas, "A xustiza pola man", que forma parte do seu libro Follas Novas.
Magnífica forma de coñecer a figura de Rosa Parks! Con este breve vídeo da clase de 6º C poderás coñecer os datos máis importantes da homenaxeada no Día da Paz 2021.