luns, xuño 27, 2016

CHORIMAS 2016

A Chorimas nº 10 xa está nas vosas casas!!!

Este ano ten unha portada dedicada a Manuel María e á súa obra, Os Soños na Gaiola. É unha composición feita con todas as portas das aulas do cole, que ilustran cada unha das poesías que integran a obra. Vinde a velas, están preciosas!

E xa no interior... non vos perdades a entrevista a Crocauga, o artigo da excursión de 6º, toda a información de Pontenciencia, o Salón do Libro... e moito máis!!!! 



PONTENCIENCIA 2016

Como xa sabedes, os alumnos e alumnas de 6º participaron no Pontenciencia 2016 con dous experimentos sobre o azucre nos refrescos e a cor nas das bebidas. Levaron 1º accéssit. 



Podedes ver os resultados das súas investigacións na revista Chorimas 2016.

Tamén gañaron o 2º e o 3º premio as familias Rivas Otero e García González, respectivamente.




Moitos parabéns!


domingo, xuño 26, 2016

CONTACONTOS DO TROTACONTOS

Os nenos e as nenas de 1º tiveron a sorte de asistir a un contacontos do seu propio conto "Legumízate", o conto viaxeiro no cal participáramos xunto con outros centros de Pontevedra: Parada-Campañó, Campolongo, San Benito de Lérez e Verducido.

E non só escoitamos o conto, senón que tamén fixemos un obradoiro de debuxo cun ilustrador! 

E cada un levou o seu conto para a casa! Estes nenos e nenas de 1º son moi bos escritores.

BICHODIVERSIDADE

Aquí está o noso traballo do Salón do Libro, xa lucindo no noso cole. 

Xa sabedes que fomos o centro gañador do Premio do Público, non si? Ollade aquí se non o credes...



Parabéns aos nenos e ás nenas de 2º, 4º e 6º, aos seus profes e ao Equipo de Biblioteca.







ARTE EN 1º, 2º e 3º ANA LEGIDO

Os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º imitaron diferentes obras da pintora galega Ana Legido.

Aquí tedes o resultado!













DÁLLE Á LINGUA EN ONDA CERO

Xa están subidos os nosos audios na web de Onda Cero!!!!

Neles poderedes escoitar varias menciñas da nosa Botica das Palabras, lendas sobre as Pontes de Pontevedra, unha entrevista a Crocauga, informacións moi interesantes sobre os legumes e rimas moi divertidas cos bechos da horta. 

Premede na imaxe para escoitar!




sábado, xuño 25, 2016

CONCURSO DE DEBUXO PRAZA DE ABASTOS

Despois da visita á Praza de Abastos, alá polo mes de abril, todos e todas os nenos e as nenas de 1º e 2º, participaron no concurso de debuxos con cadanseu deseño.

E resulta que ao final temos tres gañadoras!!!

Uxía Solleiro Franco, Paula Licer López e
Sarai Miranda Cortegoso.

Noraboa, rapazas!







AS PONTES DE CROCAUGA

O alumnado de quinto traballou nun proxecto sobre as Pontes de Pontevedra a través da mascota do río Lérez, Crocauga, aparecida sen previo aviso no vestíbulo e deixando como rastro unhas pegadas misteriosas.
Investigaron moito sobre o tema con ela. 
Como resultado do proxecto, construiron esta maqueta de Pontevedra, que luce así na entrada do noso centro.




Por certo, non vos perdades a entrevista a Crocauga na revista Chorimas! Alí atoparedes moita información sobre esta mascota e os traballos que fixeron os nenos e as nenas de quinto.



A FRAGA DE 1º

O alumnado de 1º aprendeu moitas cousas sobre os animais da fraga. 
Aquí tedes o resultado neste fermoso mural.




A HORTA DE 2º

Os Bechos da Horta foi o proxecto no que traballaron durante todo o curso, os nenos e as nenas de 2º. Ademais de facer un libriño de rimas que presentaron xunto ao traballo do Salón do Libro, tamén fixeron este estupendo mural que mesmo parece unha horta de verdade!







CANTA BICHERÍA HAI NESTE COLE! (VÍDEO - PRESENTACIÓN)

Con todos os traballos expostos no corredor sobre o tema dos animais, elaboramos este vídeo. 

Esperamos que vos guste!

Parabéns ás familias que participaron no proxecto.


luns, xuño 13, 2016

LETRAS GALEGAS 2016 - MANUEL MARÍA

Este ano, con motivo da celebración das Letras Galegas, fixemos esta actividade adicada ao escritor homenaxeado: Manuel María.

Como vedes, decoramos todas as portas das aulas con poesías do seu libro Os soños na gaiola. 



Abrimos portas á lingua
con Manuel María nos beizos.
Ceibamos soños ao ar
para saborear a luz da palabra.


ENDL



Esta é a composición que fixemos con todas as portas, que tamén vai ser a portada da nosa revista Chorimas 2016.

Se queredes ver as portas unha a unha e con maior tamaño, clicade na imaxe.


https://picasaweb.google.com/108997437218976696632/6295749926264885153

O PODCAST DO MARCOS DA PORTELA

Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportun...