Recomendación Lectoras Nada... by on Scribd
luns, decembro 17, 2018
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Aquí tendes as recomendacións lectoras que elaborou a coordinadora da biblioteca, tomade nota da estupenda selección de libros!!
venres, novembro 30, 2018
MAGOSTO 2018
Que ben o pasamos este Magosto!! Xogamos, divertímonos e comemos unha chea de ricas e quentiñas castañas!! Grazas a todos/ todas por este día, sobre todo aos pais/nais que colaboraron con nós!! Mirade que fotos más chulas!!
luns, novembro 12, 2018
QUERO BAILAR, QUERO BRINCAR
Con este estupendo vídeo que fixeron todos os nenas e nenas do noso centro, moi ben guiados polas mans que falan da nosa querida Rosa (intérprete de Lingua de signos do noso centro), gañouse unha mención de honor no concurso da FAXPG deste ano 2018: Cantamos coas mans!! PARABÉNS!!
A continuación tendes as fotos do pasado 31 de outubro, cando veu a Presidenta da Asociación de Xordos de Pontevedra para facer entrega do diploma acreditativo!
E, como non, quen mellor para felicitar a Rosa que a nosa poeta particular, Isa:
"Mans que cantan con voz propia,
mans que signan para todos;
mans que acollen as palabras
e as achegan ao seu porto:
A COMUNICACIÓN."
Xa que non foi posible ir recoller o devandito premio á Coruña, fíxose un fermoso vídeo de agradecemento:
Recordemos tamén o alegre vídeo co que se participou na edición anterior do 2017!
A continuación tendes as fotos do pasado 31 de outubro, cando veu a Presidenta da Asociación de Xordos de Pontevedra para facer entrega do diploma acreditativo!
E, como non, quen mellor para felicitar a Rosa que a nosa poeta particular, Isa:
"Mans que cantan con voz propia,
mans que signan para todos;
mans que acollen as palabras
e as achegan ao seu porto:
A COMUNICACIÓN."
Xa que non foi posible ir recoller o devandito premio á Coruña, fíxose un fermoso vídeo de agradecemento:
Recordemos tamén o alegre vídeo co que se participou na edición anterior do 2017!
mércores, novembro 07, 2018
DIA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e celebrámolo por todo o alto no noso centro!! Tivemos a sorte de contar cunhas marabillosas contadoras de contos: profes xubiladas e nais, que engaiolaron a nenos/as e profes!!, só hai que ver as fotos para comprobalo. Ademais das lecturas tamén se fixeron xogos de "busca do tesouro", que consistía en atopar un libro (que maior tesouro!!) na biblioteca seguindo unhas pistas dadas.
Aquí tendes as fermosas e emocionantes fotos!!
luns, novembro 05, 2018
SAMAÍN 2018
IMPRESIONANTE!!! Canto traballo...horas. días..., pero mereceu a pena, e para que o poidades ver todos aqueles/as que non pasastes polo cole, aquí tendes as fotos da decoración da entrada.
E, como non, un ano máis imperou a creatividade e o inxeño na decoración das cabazas, este ano o tema era a contaminación dos nosos océanos, sobre todo, no que se refire aos residuos plásticos. Parabéns a todos e todas!!
E, como non, un ano máis imperou a creatividade e o inxeño na decoración das cabazas, este ano o tema era a contaminación dos nosos océanos, sobre todo, no que se refire aos residuos plásticos. Parabéns a todos e todas!!
luns, outubro 29, 2018
DÁLLE Á LINGUA
luns, xullo 02, 2018
MURAIS DO COLE
Este ano o noso centro encheuse, entre outras cousas, de mulleres que destacaron en moitos ámbitos; mulleres importantes que tiveron que enfrontarse a un mundo cheo de trabas, de atrancos...
CANTOS NO MARCOS
Como outros anos, este curso tamén se celebrou o certame de "Cantos no Marcos", e que ben cantaron todos os/as participantes eses cantos tradicionais que todos coñecemos!! Parabéns a tod@s!!!
UNESCO, DEBATE...
venres, xuño 22, 2018
RETRATANDO A Mª VICTORIA
Gran parte do noso alumnado quixo retratar á súa particular Mª Victoria. A continuación, amosamos unha pequena selección!! Preme na foto.
xoves, xuño 21, 2018
mércores, xuño 13, 2018
FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A nosa Semana Cultural abrangueu dende o 2 ata o 25 de maio, día no que celebraremos o noso
Festival das Letras.
Ao longo destes días, ademais de decorar os nosos
corredores, fixemos as seguintes actividades:
1.
Acróstico co nome de María Victoria Moreno de tamaño mural.
2.
Lectura sobra a vida e a obra de María Victoria Moreno.
3.
Brincaletras do noso centro, eleborados para os tres ciclos.
4.
Actividade de creación literaria facendo pareados cos títulos dos libros desta autora.
5. Cantos no Marcos (participa voluntariamente alumnado de 3º a 6º nivel
interpretando antigas tradicionais).
6.
Concurso Lema- Ilustración do que se realizará un adhesivo do gañador.
7.
Realización dos debuxos e texto do
conto “Can branco, can negro” de María Victoria Moreno.
Cantas actuacións tivemos neste festival e que ben o fixeron todos e todas as participantes! Actuacións do acto de Primavera das Letras para homenaxear á escritora Mª Victoria Moreno (o alumnado de 4º representou "A festa no faiado" e o de 2º C fixo teatro musicado de "O cataventos" , teatro, música, danza, recitado... houbo de todo, e até contamos coa actuación dos alumnos e alumnas do XXIII, como sempre tamén nos emocionaron!
Actuacións:
- Vídeo sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, alumnado de 6º nivel.
- Vídeo (presentación fotográfica) do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" de María Victoria Moreno, alumnas de 6º nivel.
- Dramatización do poema "O almorzo" de María Victoria Moreno , a cargo de alumnos/alumnas de 3º nivel.
- Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz" de María Victoria Moreno, alumnado de 5º nivel.
·
Teatro: “A festa no Faiado” de
María Victoria Moreno, alumnado de 4º nivel.
·
Poema musicado “O Cataventos” de
María Victoria Moreno, alumnado de 2º C.
·
“A Princesa do Courel”, alumnado de 2º A nivel.
·
Canción: Eram Sam Sam, alumnado
de 5º nivel.
·
Danzas do mundo, alumnado de 6º e
danza de 2º B.
·
Cantos no Marcos (actuación
dos/das gañadores/as).
DÍA DAS LETRAS NO NOSO XORNAL
44. Festival Das Letras 1 by Ángeles CB on Scribd
SALÓN DO LIBRO 2018
Que fermoso traballo fixemos este ano, como sempre!!! Un colosal gramófono coa súa bucina, prato xiratorio e ata manivela!!! Tamén fixemos uns discos sobre as diferentes mulleres traballadas, no noso centro, en todos os niveis, para que A VOZ DAS MULLERES resoe por sempre e para sempre!!
Preme na foto para ver outras da visita ao Salón do Libro e ós obradoiros!!
Preme na foto para ver outras da visita ao Salón do Libro e ós obradoiros!!
venres, maio 18, 2018
DÍA DO LIBRO 2018
luns, maio 07, 2018
luns, marzo 05, 2018
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para traballar esta data tendes recursos neste blog, como por exemplo, presentacións, contos...Só tendes que premer a etiqueta que se atopa no lateral correspondente a Día da muller/ Día da muller traballadora. Ademais podedes ler este conto que quizais non coñecedes como tal, animádevos a lelo!!
OUTRAS ENTRADAS INTERESANTES CON XOGOS, COMO O DA OCA E VÍDEOS INTERESANTES!! Preme
UNIDADE DIDÁCTICA Preme
EU SON COMA TI (Preme)
UNIDADE DIDÁCTICA Preme
EU SON COMA TI (Preme)
domingo, marzo 04, 2018
SEMANA DA PRENSA
A continuación tendes a ligazón onde aparece "A Voz de la escuela" do 28 de febreiro para traballar cos voso alumnado.
Preme na foto |
Tamén se poden traballar as diferentes noticias, que aparecen na seguinte ligazón, co noso alumnado:
Ademais, os nosos alumnos e alumnas poden participar nun concurso DE "LA VOZ DA GALICIA", que ten como data límite de entrega o 30 de abril, para demostrar o seu talento como xornalistas.
PRIMAVERA DAS LETRAS
O pasado xoves tivemos a sorte e o honor de recibir a visita da Real Academia Galega, con persoeiros como o seu presidente, Víctor Fdez. Freixanes - por certo, a nosa biblioteca leva o seu nome!- e as académicas Marilar Aleixandre e a nosa benquerida Fina Casalderrey.
Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.
Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.
Preme nas seguintes ligazóns para ver os vídeos da Real Academia Galega:
https://www.youtube.com/watch?v=jJTVEqz5-dk
https://www.youtube.com/watch?v=KNIjQ-NDUaA&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=qcfzXERW3aE&feature=youtu.be&a=
https://www.youtube.com/watch?v=PQlS8_X6kKk&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&ahttps://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&a
Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.
Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.
Ano María Victoria Moreno by Marcos Portela on Scribd
Br Inca Letras by Marcos Portela on Scribd
FERMOSO ACRÓSTICO, REALIZADO COAS LETRAS DESEÑADAS POLO NOSO ALUMNADO, QUE FORMAN UNS PRECIOSOS VERSOS CHEOS DA POESÍA DESTA AUTORA. |
https://www.youtube.com/watch?v=jJTVEqz5-dk
https://www.youtube.com/watch?v=KNIjQ-NDUaA&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=qcfzXERW3aE&feature=youtu.be&a=
https://www.youtube.com/watch?v=PQlS8_X6kKk&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&ahttps://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&a
O alumnado de 4º (A,B e C) foi o fío condutor entre as tres actuacións, preguntándolle a nosa Mª Victoria particular a onde íai (a resposta era a presentación da actuación).
Actuacións:
Actuacións:
- Vídeo presentación do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" (só dunha parte do texto), alumnas de 6º.
- Dramatización do poema "O almorzo", a cargo de alumnos/alumnas de 3º.
- Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz", alumnado de 5º (A e B).
- Peche das actuacións, alumnado de 4º.
O retrato, que aparece no escenario, foi realizado polo noso compañeiro Eduardo Antonio Dios.
Os fermosos versos que pecharon a actuación do alumnado foron:
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é, simplemente, unha historia de amor".
"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."
"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."
"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."
"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."
luns, febreiro 26, 2018
VISITA DE LEDICIA COSTAS
Dentro do noso proxecto "A voz das mulleres", temos a sorte de contar coa visita de moitas mulleres interesantes traballadas nas diferentes clases. Ademais, o alumnado de 5º e 6º puido gozar da visita da escritora Ledicia Costas , coa que puideron falar dos seus libros, como por exemplo, " A señorita Bubble" e "Escarlatina, a cociñeira defunta"(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 e tamén Premio Merlín de literatura infantil ); libros que lemos e dos que se realizaron diferentes actividades. Agora xa sabemos por que lle encanta escribir...porque como ela di:" As mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón".
Preme na foto para ver outras e para admirar os fermosos murais que se prepararon cos debuxos dos seus personaxes,
Ledicia firmando os libros do alumnado |
xoves, febreiro 15, 2018
ENTROIDO 2018
Menuda se montou este ano no Entroido!! Foi un entroido reivindicativo baixo o lema "Cambio de roles"!! As mulleres xa non quedan na casa, senón que ostentan cargos de moita importancia e responsabiliade (presidentas, ministras, directoras xerais de empresa...) e eles son os seus fieis secretarios; as nenas xa non xogan só ás bonecas, senón tamén aos cochiños, motos ou o que sexa; elas, como non, xogan ao fútbol, baloncesto, tenis... e eles... a animar; as "chef" agora son elas e eles, os pinches; os músicos tocan e elas dirixen a orquestra coa súa batuta; as capitanas mandan nos barcos e os mariñeiros axúdanas e, como remate, os nenos desenvolvendo un traballo ben importante: perfecos amos de casa, porque eles o valen"!!!
Preme na seguinte ligazón para poder ler o testamento que fixo o alumnado de 4º coa profe Isa:
Preme na seguinte ligazón para poder ler o testamento que fixo o alumnado de 4º coa profe Isa:
ENTROIDO Do Marcos Da Portela 2018 by Anonymous FUKzlCE on Scribd
martes, xaneiro 16, 2018
DÍA DA PAZ 2018
Como todos os anos celebramos o Día da Paz, esta vez con moita poesía de autoras como Gloria Fuertes. O alumnado de 4º e a profe Isa compuxeron, a partir dun poema desta autora, o noso fermoso Manifesto; tamén puidemos escoitar o poema do noso mural: Mans á obra. Poemas que foron recitados polo alumnado de 4º e 5º nivel.
AQUÍ(preme na foto) podedes ver as fotos e os vídeos dos poemas recitados:
Pero como este ano é o ano das mulleres, a continuación tendes unha presentación onde se comproba cantas delas teñen loitado pola paz!!!
WEBQUEST DA PAZ |
OUTRAS LIGAZÓNS SOBRE A PAZ: RECURSOS E TRABALLOS REALIZADOS ANOS ANTERIORES (PREME AQUÍ).
EN BUSCA DE COGOMELOS
Canto sabemos agora dos cogomelos!! Primeiro tivemos unha charla moi instrutiva e logo saímos polos arredores do centro.
FOTOS DO FESTIVAL DE INVERNO
Que ben o pasamos no Festival de Inverno, houbo de todo actuacións musicais, acrosports, teatro...
A continuación están as fotos destes momentos tan emocionantes!!! Preme na foto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz , contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que ...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!! ...