venres, abril 29, 2016

COPLAS MAIO 2016




Os nenos e nenas de 6º xa teñen as coplas ben preparadas con tanto ensaio! Aquí os tendes practicando. Seguro que lles vai sair xenial!







xoves, abril 14, 2016

ANA LEGIDO

Xa sabedes que este ano, a temática do proxecto de centró é a dos animais,do medio ambiente e do seu coidado. 

E por iso que, dende unha perspectiva artística, vemos moi axeitado, achegarnos á figura de Ana Legido.

"Os animais son os nosos amigos e irmáns, ao lles querer e coidar, estamos contribuindo coa harmonía da natureza e de todas as súas criaturas." Ana Legido.

Para saber máis sobre ela, fixemos esta presentación sobre a súa vida e obra.


martes, abril 12, 2016

ESCOLMA DE RECURSOS SOBRE MANUEL MARÍA

Compartimos coa Comunidade Educativa esta selección de recursos sobre a figura de Manuel María, homenaxeado das Letras Galegas neste ano 2016.

Un calendario.


Un test para avaliar o teu coñecemento.



Unha presentación coa vida e obra do escritor.


Un pasapalabra para xogar co que sabes sobre Manuel María.



Un blog colaborativo con recursos para todas os niveis.


Toda a súa obra...


Unidade didáctica: O bigote de Mimí.


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec264.php

Unha web con recursos para os máis pequenos.



E moitos máis recursos nesta web!








luns, abril 11, 2016

A FAMILIA SACHOCONTO: UNHA HISTORIA CHEA DE CONTOS!

Uns cultivan tomates, outros ricas cenorias e a familia Sachoconto cultiva contos que agroman cheos de aventuras e diversión! Podedes escoitar unha historia diferente cada semana na sección Familia Sachoconto, no web de Pontevedra Viva Radio.

Se premedes na imaxe, teredes acceso aos primeiros tres contos: O dragón das palabras, A tía Rita e O monstro dos canapés.


luns, abril 04, 2016

O ECOSISTEMA GALEGO


No noso corredor temos esta reprodución do ecosistema galego con moitos traballos feitos polos nenos e nenas de 4º sobre os animais que nel viven.

Non o esquezades de visitar!

TRABALLOS SOBRE OS REFUXIADOS





CANTA BICHERÍA HAI NESTE COLE!










"Canta bichería hai neste cole!" é o proxecto que estamos a facer sobre os animais.

Se querededes ainda estades a tempo de participar traendo os vosos traballos.

Como podedes ver, o mural está a quedar ben bonito!


MURAL SOBRE NEIRA VILAS

A BOTICA DAS PALABRAS



 Este curso fixemos unha botica moi especial: A Botica das Palabras. Nela, estamos a inventar eco-remedios que curen as doenzas do medio ambiente. 

Vos animades a participar?


Preme na imaxe para descargar o modelo.




FRANCISCO VIOLAT, ASTRÓNOMO

O pasado xoves 2 de maio tivemos a sorte de ter con nós a Francisco Violat. Conta cunha enorme experiencia como investigador e docente en At...