Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.
Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.
Ano María Victoria Moreno by Marcos Portela on Scribd
Br Inca Letras by Marcos Portela on Scribd
| FERMOSO ACRÓSTICO, REALIZADO COAS LETRAS DESEÑADAS POLO NOSO ALUMNADO, QUE FORMAN UNS PRECIOSOS VERSOS CHEOS DA POESÍA DESTA AUTORA. |
https://www.youtube.com/watch?v=jJTVEqz5-dk
https://www.youtube.com/watch?v=KNIjQ-NDUaA&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=qcfzXERW3aE&feature=youtu.be&a=
https://www.youtube.com/watch?v=PQlS8_X6kKk&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&ahttps://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&a
O alumnado de 4º (A,B e C) foi o fío condutor entre as tres actuacións, preguntándolle a nosa Mª Victoria particular a onde íai (a resposta era a presentación da actuación).
Actuacións:
Actuacións:
- Vídeo presentación do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" (só dunha parte do texto), alumnas de 6º.
- Dramatización do poema "O almorzo", a cargo de alumnos/alumnas de 3º.
- Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz", alumnado de 5º (A e B).
- Peche das actuacións, alumnado de 4º.
O retrato, que aparece no escenario, foi realizado polo noso compañeiro Eduardo Antonio Dios.
Os fermosos versos que pecharon a actuación do alumnado foron:
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é, simplemente, unha historia de amor".
"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."
"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."
"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."
"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."

Ningún comentario:
Publicar un comentario