xoves, xaneiro 30, 2020

DÍA DA PAZ 2020

Un ano máis celebramos o Día da Paz cun fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións, que mellor combinación!!

 En primeiro lugar,  tivemos unha interesante  charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.

 Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro!  Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!

Olladas de Paz by marcos on Scribd
A continuación, todo o alumnado do centro, cantou a canción "Un veleiro verde" de María Fumaça;  e así, embarcámonos  nese mundo de paz e harmonía,  co que todos e todas soñamos, coa palabra e a "Lingua de signos" da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis!
PREME PARA VER MÁIS FOTOS
E non esquezamos o mural no que participaron todos os niveis! O alumnado escribiu, en pingas de cores, todo o negativo do mundo que faría desaparecer coas súas vacinas especiais!

Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL 2024