mércores, maio 26, 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano, por mor da COVID, non puido celebrarse o noso Festival das Letras. Que mágoa non poder desfrutar das estupendas actuacións do alumnado do noso centro! Non obstante, non deixamos de festexar este día cunha fermosa muiñeira bailada por todo o alumnado e profesorado do centro. Por outra banda, coma sempre, grazas a nosa ANPA  e á avoa dun alumno de 1º, Esperanza Marín,  puidemos coñecer de preto e desfrutar da exposición duns preciosos traxes tradicionais galegos.

Preme na foto  para ver máis fotos


Ningún comentario:

Publicar un comentario

SAMAÍN 2025

 Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...