Ledicia firmando os libros do alumnado |
luns, febreiro 26, 2018
VISITA DE LEDICIA COSTAS
Dentro do noso proxecto "A voz das mulleres", temos a sorte de contar coa visita de moitas mulleres interesantes traballadas nas diferentes clases. Ademais, o alumnado de 5º e 6º puido gozar da visita da escritora Ledicia Costas , coa que puideron falar dos seus libros, como por exemplo, " A señorita Bubble" e "Escarlatina, a cociñeira defunta"(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 e tamén Premio Merlín de literatura infantil ); libros que lemos e dos que se realizaron diferentes actividades. Agora xa sabemos por que lle encanta escribir...porque como ela di:" As mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón".
Preme na foto para ver outras e para admirar os fermosos murais que se prepararon cos debuxos dos seus personaxes,
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
MAIKA AGUADO E RAFA PRIETO. VISITAS DE CINE
Esta semana tivemos o pracer de contar con outra visita de cine. Neste caso visitounos Maika Aguado , pero non veu soa, se non que a acompan...
-
Aí vén o maio...pois por fin chegou o maio. Unha tradición dende o CEP Marcos da Portela por facer a coroa, o propio Maio e cantar as coplas...
-
Por fin chegou a noite máis aterradora do ano ao Marcos da Portela. En Galicia celébrase o Samaín, é unha celebración onde marca a finalizac...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario