Irina tamén se animou a participar nos "Venres de conto" coa historia de "Cousiña linda", un libro moi fermoso.
Grazas a todos e todas pola vosa participación!
Irina tamén se animou a participar nos "Venres de conto" coa historia de "Cousiña linda", un libro moi fermoso.
Grazas a todos e todas pola vosa participación!
Hoxe tivemos o pracer de contar con tres grandes visitas, Jorge Coira e as irmás Alicia e Lola Dapena.
Alicia e Lola Dapena son dúas técnicas de vestiario que levan máis de 25 anos creando o vestiario no mundo do cine e da televisión. Xuntas formaron a súa empresa "Saturna".
Jorge Coira é un director de cine e guionista que ten ás súas costas unha longa traxectoria no mundo do cine e da televisión. Dirixiu tanto curtametraxes coma longametraxes, participou en series de televisión e documentais e ata desempeñou un papel como actor. Gañou varios premios ao mellor director, á mellor montaxe, ao mellor guión e á mellor realización nos Premios Mestre Mateo, así como outros máis.
Moitas grazas por amosarnos en que consiste a vosa profesión, pero sobre todo por pasar este rato connosco.
No Marcos da Portela deixades a vosa pegada no noso particular Paseo da Fama.
"Rachando co guión" é o nome do obradoiro do que gozou o alumnado de 3º e 5º da man de "A Xanela do Maxín". Un espectáculo que fomenta a igualdade e no que os nenos e nenas puideron dar renda solta á súa faceta máis artística actuando con títeres.
Deixámosvos aquí un anaco da actividade.
Hoxe no recreo gozamos do conto "O Marciano Marcial" da man de Fátima e Daniela.
Grazas, lectoras e oíntes, pola vosa participación!
O pasado domingo vivimos o xa tradicional Trocalibros no Pazo da Cultura. Coma sempre, foi unha estupenda xornada onde
puidemos intercambiar e compartir libros, experiencias e historias.
Grazas a todos e todas pola vosa participación e entrega!
Hai uns días tivemos a Orbil polo noso cole. Que ilusión volver a verte!
Sempre serás benvido!
Tivemos, un ano máis, a ocasión de contar coa visita desta autora para falarnos do seu interesante libro: A folla azul. Unha narración entretida e cunha mensaxe que nos obriga a refexionar sobre a necesidade de compromiso social fronte a destrución do planeta e, mesmo, das civilizacións.
Foi moi enriquecedror escoitar como xurdiu a idea de escribir este libro e todas as experiencias que a levaron a ser unha autora destacada da nosa literatura.
A folla azul é unha historia que nos traslada ao corazón da Selva amazónica. Alí vida da tribo de Husu Aké transcorre tranquila, en sintonía co ciclo da natureza e o espírito de Bekororoti.
Ata que un día a sabia avoa Arumi presinte que o desastre se cerne sobre a súa xente e decide revelar á súa neta o segredo que estivo gardando durante anos. Husu Aké embárcase así nunha viaxe heroica en busca dunha folla azul, o único remedio capaz de salvar aos seus.
Durante a súa aventura terá que romper leis e mandatos ancestrais e descubrir que hai un lugar alén do «mundo verde» onde se perdeu o amor pola Nai Terra.
Un grito contra a destrución dos recursos naturais e un canto a favor da cooperación e o respecto a outras formas de vida.
Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que compartindo un libro cos nosos compañeiros e compañeiras? Este ano saímos ao patio para face...