O 11 de novembro, o día de San Martiño, celebramos como cada ano o Magosto. Unha celebración na que os galegos honraban a chegada das colleitas do outono en torno ao lume e as castañas asadas.
No cole contamos coa visita do castañeiro para degustar unhas castañas ben quentiñas e saborosas, e despois gozamos dos diversos xogos tradicionais. Pasámolo en grande!
Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Pero non só hai que estar activos nesta loita este día tan sinalado, senón todos os días do ano. Porque o que queremos é unha sociedade onde convivamos , todos e todas, sen inxustizas , violencia ou desigualdades cara as mulleres. A continuación tendes o videoconto de "Arturo e Clementina" nas voces de tres compañeiros: Alejandro, Alberto José e Máximo. Non deixedes de escoitalo e reflexionade sobre a mensaxe que nos transmite.
Ademais tendes un vídeo sobre unha importante activista, Malala Yousafzai, que sufriu en carne propia a violencia machista dos talibáns por defender o dereito á educación das nenas do seu país.
E se queres saber por que se celebra esta conmemoración o 25 de novembro, tes a resposta no derradeiro vídeo.
Para este día elaboramos un mural onde deixamos escrito todo o que desexamos para lograr ter unha sociedade na que predominen os valores que anteriormente mencionamos e atamos o noso lazo morado na cortina que montamos na entrada do centro.
A nosa celebración do Samaín deu para moito e é que o alumnado de 2º realizou un obradoiro de momias con la. Pasámolo en grande e quedaron terroríficas!
Chegou a noite máis aterradora do ano e no Marcos da Portela celebrámola cun concurso de cabazas moi cinematográfico e disfrazados dos personaxes máis terroríficos.
Aquí vos deixamos unha mostra das marabillosas creacións do noso alumnado e das nosas mellores galas de medo.