O día 2 de abril foi o Día Internacional do Libro Infantil, e sabes por que se escolleu esa data? Pois porque tal día como
ese do ano 1805 naceu un gran escritor de contos infantís chamado HANS
CHRISTIAN ANDERSEN, en Dinamarca, ao norte de Europa. Seguro que tes
lido moitos dos seus contos sen saber que el era o autor, por exemplo: O
patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador...
Queres volver ler eses e outros moitos contos máis escritos por el? Preme na foto.
Hoxe, no cole, celebrámolo con interesantes lecturas deste autor, como por exemplo: "O reiseñor", "O traxe novo do rei" e "A princesa e o chícharo".
Se queredes ler de novo o conto "O traxe novo do rei", podedes facelo no seguinte vídeo:
Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!
3/4/17
DÍA DO AUTISMO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)