luns, decembro 01, 2025

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULER

 O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para lembrar a todas as vítimas e para reivindicar unha sociedade libre de agresións, desigualdades e discriminacións.

Participamos nunha actividade, xunto ao alumnado de infantil de Fina Casalderrey e o alumnado do IES Luís Seoane, que consistía en decorar unhas caixas (unha por nivel) con palabras ou mensaxes positivos cara a erradicación da violencia machista e o empoderameto da muller,  nunha das súas caras; noutra, unha palabra ou frase da realidade que aínda persiste hoxe en día. Con elas creamos a nosa pirámide e, posteriormente, formaron parte da pirámide conxunta co resto de alumnado no IES Luís Seoane. Como acto simbólico a  construción que reflectía aspectos negativos foi destruída.

 Finalmente, percorrimos todos xuntos as rúas ao son dos nosos percusionistase, e así concluímos esta conmemoración.

No noso centro tamén fixemos un mural con quebracabezas que completamos entre todas as clases. 

Preme aquí para ver más fotos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULER

 O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data para lembrar a toda...