Para coñecer a figura do noso gran escritor e pintor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o alumnado de 5º fixo un entretido roteiro polas rúas e prazas de Pontevedra. Deste xeito coñeceron os lugares que frecuentaba e moitas cousas máis!
Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!
2/6/17
O NOSO MAIO
Un ano máis o noso "cole" veu cargado de premios, grazas ao esforzo de todos/as.
Aquí tendes as fotos que demostran ese traballo en colaboración de toda a comunidade educativa. Parabéns a todos e todas!!!
Aquí tendes as fotos que demostran ese traballo en colaboración de toda a comunidade educativa. Parabéns a todos e todas!!!
PRIMAVERA DAS LETRAS
Dende o EDL, Dolores, a coordinadora, plantexou esta fermosa actividade: Facer xermolar o galego nun bosque moi particular, a fraga do Marcos da Portela! O alumnado escribiu poemas orixinais e de autores galegos nas follas, flores, bolboretas... Como aleda a nosa entrada, non podemos deixar que murche!!
Seguimos en primavera, aínda que o verán está a piques de chegar. Pero o que realmente desexamos é que sexa sempre primavera na nosa LINGUA!! A profe Isa fixo unha fermosa actividade para que sexa así, unha primavera permanente, eterna...na nosa lingua.

PREME PARA VER AS FOTOS |
Preme aquí para ver o poema "Cos pelos de punta"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)