23/10/17

A VOLTAS COS LIBROS DE LEDICIA COSTAS

Que ben o imos pasar cos estes libros!!! Moitos xa  están a desfrutar os que hai na nosa biblioteca, case non hai maneira de atopalos por alí!!
Ademais se conseguimos que merquedes un bo número de exemplares entre o alumnado de 5º e 6º, poderemos contar coa presenza da autora no noso "cole"!! Animádevos canto antes!



22/10/17

MULLERES CIENTÍFICAS NOS XOGUETES


BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO COA A VOZ DAS MULLERES!!

Ola, nenos e nenas!!! Este novo curso imos  escoitar moitas voces de mulleres: Gloria Fuertes, no Día da Paz; Mª  Victoria Moreno, nas Letras Galegas; mulleres de conto, no Salón do Libro; July Merheru, en Reflejarte... e moitas mulleres máis que destacaron en todos os ámbitos das artes, das ciencias... e da vida cotiá, en xeral. Bravo a todas elas!!, loitaron nun mundo de homes superando moitas dificultades para poder ter o éxito que se merecían elas e moitas das que quedaron nun total esquecemento. Coñeceremos a vida e a obra de mulleres de relevancia internacional/ nacional, galega e, tamén, da contorna máis próxima.

Algunhas das mulleres galegas que imos estudar, de diferentes maneiras e utilizando distintos recursos, podedes atopalas nesta ligazón: