22/12/19

FESTIVAL DE INVERNO

Que festival máis fermoso, como sempre! Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Nadal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixinais!!O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel!
 Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en  Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"; fíxoo de marabilla e recibiu u merecido premio que lle foi entregado pola titora.
Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste  deste ano é: "En clave de humor".
Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron magníficamente!!
Parabéns a todos/as  os/as participantes!!
 Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás polo ben que adornaron o noso centro!!
Faltan algúns vídeos, poranse en breve!





< />

 Para finalizar este fermoso festival, o alumnado de 4° interpretou o tema "So this is Christmas", co que nos emocionaron moitísimo;ao mesmo tempo que cantaban, proxectouse un vídeo con imaxes da nosa cidade engalanada para recibir o Nadal! Bravo por eles e elas!!


PREME PARA VER AS FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario