luns, maio 27, 2019

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Que gran Festival das Letras tivemos este venres!! Hai que darlles os parabéns ao profesorado, ao alumnado, aos presentadores e, sobre todo, a  nosa compañeira Pilar! Houbo actuacións musicais, coreografías, poemas, contos musicados... Todos os asistentes puidemos gozar dunha estupenda festa das Letras. Esperemos que a nosa querida lingua  resoe con máis forza ao noso arredor!

 Para a ocasión engalanamos o vestíbulo con fermosos traxes tradicionais galegos (expuxéronse tamén fotos cos nomes das diferentes partes do mesmo), ademais de láminas ilustrativas do carro, da gaita, do canastro...O noso alumnado traballou estes termos, nas clases, completando debuxos destes elementos "do noso".
O alumnado de 1º fixo retratos do autor homenaxeado a partir dun modelo dado; os excepcionais debuxos foron tamén expostos no noso vestíbulo!
Para ver todas as fotos premede nas dúas últimas.





Fotos do segundo pase

Fotos do primeiro pase

Unha das actuacións foi o Centón de Antonio García Teijeiro.

"Foi Teijeiro homenaxeado
no último Salón do libro.
Choveron bicos e versos,
trouxo a palabra aloumiños."


"Na clase de libre configuración , compuxemos entre os tres cuartos do cole un centón homenaxe a Antonio García Teijeiro, utilizando única e exclusivamente versos do poeta. Sentímonos camiñantes da palabra, descubridores de historias e paisaxes reais ou afectivas. Pescamos rimas, metáforas, personificacións... Fomos poetas ao fin e ao cabo e agardamos vos guste o resultado final."

                                                                    Profe Isa


Ningún comentario:

Publicar un comentario

NOVIDADES DECEMBRO