27/2/19

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro foi o día dedicado a nosa benquerida Rosalía de Castro! No noso centro cremos que un día non é suficiente, por iso vaise celebrar un  certame de poesía  no que poderá participar todo o alumnado do centro. Así, adiantámonos tamén á celebración do Dia da Poesía, recitando os fermosos poemas desta grande escritora galega!! Poemas como os que podedes ler na seguinte ligazón.
Unha vez realizado, poremos os vídeos e informaremos dos gañadores/as!! 
ESCOLMA DE TEXTOS DE ROSALÍA DE CASTRO


PREME  AQUÍ



certame poesía by marcos on Scribd

ORBIL VISITA O C.E.P. MARCOS DA PORTELA!!

Canta ilusión e tenrura reflectidas nas caras do noso alumnada de 1º e 2º!! E tamén na dalgunhas "profes"!! Esperemos que teñan esa mesma ilusión pola lectura e gocen con ela como o fixeron hoxe con este personaxe do Salón do Libro de Pontevedra!

Preme para ver máis fotos.



ROTEIRO SARMIENTO

Este  luns, día 25, o alumnado de 6º percorreu as rúas de Pontevedra para realizar o roteiro Sarmiento. Temos que dar as grazas a Roberto por todo o que nos contou sobre Sarmiento e o momento histórico no ue viviu.
Que ben o pasamos, até "navegamos" nun barco que nos recorda ata onde chegaba a auga naquela época!! Podedes ver as fotos máis abaixo!


Se queres ler máis información, preme na foto

Nesta mesa, Martín Sarmiento (1695-1772) forxou un dos máis importantes e orixinais legados intelectuais da Ilustración española, ao tempo que sentaba os alicerces para o desenvolvemento do galeguismo contemporáneo. Sarmiento investigou e reflexionou sobre case todos os ámbitos de coñecemento do momento: botánica, xeografía, filoloxía, historia, economía, antropoloxía, nada escapaba á curiosidade do erudito. Pero a súa maior obsesión foi o estudo de Galicia nos seus distintos aspectos, cun afán abertamente revindicativo a con miras ao seu progreso material e espiritual. Unha boa parte da obra de Sarmiento permanece inédita ou é escasamente coñecida. Desde os mesmos finais do século XVIII a intelectualidade galega, e con forza crecente tamén os estudosos da Ilustración hispánica, vén reclamando a divulgación do legado sarmentino.

FOTOS DE 6º


FOTOS 5º

CANTOS CONTOS CON ANXO MOURE!

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de escoitar contos solidarios, ecolóxicos, creativos... contados polo  xenial Anxo Moure, quen chegou ao no centro montado no seu especial patinete, chamado " NUBINETE"!!