28/6/19

CHARLA DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

Estupenda charla sobre os instrumentos de percusión, sobre os noso e, tamén, sobre outros moi descoñecidos! Grazas, Marcos!

CHARLA SOBRE O SAHARA ( 3º e 4º)

Que interesante charla sobre o Sahara!!Óscar contounos as súas experiencias durante a súa visita aos campamentos, onde conviviu con nenos/as e maiores.
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título  "Palabras de Caramelo"!


CHORIMAS 2019

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Todo o noso alumnado graduase "cum laudem", a nota máxima, en CREATIVIDADE!!! Impresionante exposición que mostra o poder creativo dos nosos/as alumnos/as!
 Tamén se desenvolveu, en Libre Configuración, actividades  de investigación. Con toda a información realizáronse moitas páxinas para crear un LIM. Ademais, este alumnado realizou diferentes inventos creados con lixo plástico, inventos que foron explicados en diferentes vídeos.

En 5º  levouse a cabo un  intenso traballo de investigación que abraguía as fases do proxecto do noso Centro "Ollo co plástico" (estudo da orixe, consecuencias do uso dos plásticos e posibles solucións para minimizar este tipo de lixo) como se pode ver neste vídeo, un  dos moitos que se fixeron!
    

CREACIÓN LITERARIA


Magnífico texto de creación literaria do noso alumnado!!

24/6/19

O CASAMENTO DA PULGA

Estupenda representación a cargo do alumnado de 5º B sobre unha cantiga de Antonio Fraguas!! Foi un dos actos que se levaron a cabo para a celebración do Día das Letras Galegas.