3/11/19

SAMAÍN 2019

Arrepiante!! Así podemos desccribir como deixaron o noso salón de actos as nais do noso centro; unha vez máis dedicaron horas e horas de traballo para sorprendernos coa súa capacidade de dedicación e creatividade. A mesma creatividade que puidemos comprobar na elaboración das cabazas, deste ano, seguindo a temática do humor. Parabéns a todos e todas por participar!!

E alí, no noso salón, puidéronse oír aterradoras historias lidas ou contadas polos nenos e nenas e... polas profesoras ataviadas para a ocasión, ao igual que moito do noso alumnado, con terroríficas vestimentas! Parabéns!!  As fotos, a continuación.

PREME PARA VER AS FOTOS DO SAMAÍN 2019




+