23/4/21

VÍDEOS PARA O SALÓN DO LIBRO 2021

Como acostumamos dicir... "a poesía é unha arma moi poderosa" e, tamén, "cargada de futuro. Por iso, o alumnado de 4º nivel escolleu este xénero literario para convencernos da necesidade de cambiar o noso modo de actuar; deste xeito, o noso planeta poderá ter un futuro. Parabéns!!!

 Parabéns a todo o alumnado de 6º que participou neste traballo tan interesante e  imprescindible. Poderemos  ser conscientes da realidade do noso planteta, así como  coñecer medidas para minimizar, ao máximo,  o desastre que os humanos estamos a ocasionar!! 

DÍA DO LIBRO NO MARCOS DA PORTELA

 Hoxe celebramos o Día do Libro no noso centro, concretamente, o alumnado de 1º recitou con moita enerxía  o poema  "Polas rúas" e " Xan Perillán"!!

20/4/21

A XUSTIZA POLA MAN

Unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro!

Polo Día de Rosalía, os nenos e nenas de 5ºB decidiron recitar un dos seus poemas, "A xustiza pola man", que forma parte do seu libro Follas Novas